Coristanco e Mazaricos súmanse ao plan para valorizar os terreos en situación de abandono
A Xunta proxecta crear nestes concellos sendos polígonos agroforestais de 85 e 90 hectáreas, respectivamente
A Consellería do Medio Rural activou 26 en Galicia e planea outros seis para mobilizar unhas 300.000 ha

O conselleiro do Medio Rural, á esquerda, e o alcalde de Mazaricos, á dereita, na xuntanza deste sábado coa veciñanza mazaricana / Xunta de galicia
Valorizar e buscar un maior rendemento de grandes extensións de terreo que actualmente se atopan en situación de abandono ou infrautilizadas son os principais obxectivos do plan de polígonos agroforestais impulsado pola Consellería do Medio Rural. Actualmente xa están activados, en distintas fases de execución, 26 en toda Galicia, e na Costa da Morte están proxectados dous: un entre Coristanco e Carballo e outro en Mazaricos.

José González conversando con veciños de Mazaricos / xunta de galicia / JOSÉ M. RAMOS
O conselleiro do Medio Rural, José González, desprazouse este sábado á capital mazaricana, acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e o alcalde, Juan José Blanco, para reunirse cos veciños e veciñas e explicarlles as características e requisitos destes polígonos.
O proxecto de Mazaricos
O proxecto de Mazaricos contempla recuperar e valorizar unhas 90 hectáreas entre Colúns e Ponte Olveira, segundo sinalou o rexedor. “Non obstante, é posible que se faga algunha variación e que se amplíe a zona”, engadiu. Juan José Blanco asegurou que o obxectivo “é facer unha concentración de parcelas para poder obter un maior aproveitamento destes terreos”, unha iniciativa que valora positivamente “porque todo o que sexa mellorar sempre é bo, e ademais estes proxectos levan aparellado un investimento”.
Igualmente, o conselleiro, José González, trasladoulle aos veciños de Mazaricos os beneficios de “avanzar na mobilización de terra nun concello de clarísima vocación gandeira, que de feito é o de maior produción láctea de Galicia”. Así, subliñou que acolle 165 explotacións gandeiras que producen algo máis de 131 millóns de litros anuais (datos referidos ao exercicio de 2022).
Coristanco e Carballo
No caso de Coristanco-Carballo, o polígono agroforestal proxectado pola Xunta abarcará unha superficie de preto de 85 hectáreas, distribuídas en 407 parcelas de 261 titulares, ubicadas entre as parroquias de Erbecedo e Ardaña.
Este tipo de iniciativas enmárcanse dentro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, que entrou en vigor en maio de 2021. Nestes dous anos e medio activáronse 26 polígonos agroforestais para poñer en valor máis de 9.100 hectáreas, distribuídas en case 30.000 parcelas propiedade de máis de 8.200 veciños. Na provincia da Coruña, actualmente están en marcha o de Curtis e o de Coristanco-Carballo.
Ademais, a Consellería do Medio Rural prepara actualmente outros seis novos polígonos en Galicia, que en total permitirán mobilizar máis de 300 hectáreas, con 457 propietarios beneficiados.
A Xunta segue a traballar pola dinamización do rural con este tipo de ferramentas, pero tamén con outras como son as aldeas modelo, das que hoxe hai 21 decretadas en toda Galicia. Para impulsar estas figuras, os orzamentos de 2024 destinarán 7,4 millóns de euros para a súa potenciación na comunidade.
O conselleiro tamén puxo hoxe en valor outras iniciativas de mobilización de terras como son as agrupacións forestais de xestión conxunta -cunha liña de 2,4 millóns de euros en 2024- e as permutas de especial interese agrario. Ademais, os Orzamentos contan cunha partida de 24 millóns para seguir impulsando as concentracións parcelarias.
José González: “O obxectivo é dinamizar o territorio e xerar actividade económica para que sexa posible vivir no rural”
O conselleiro do Medio Rural remarcou en Mazaricos que o obxectivo perseguido con estas iniciativas “é dinamizar o territorio e xerar actividade económica para que sexa posible vivir no e do rural”. Ademais, engadiu, a valorización dos terreos permite tamén “anticiparse aos lumes e diminuír os danos que poidan causar”.
Todo este traballo, xunto ao labor desenvolvido mediante as concentracións parcelarias decretadas, axilizando a súa tramitaicón, “fixo posible xa a posta en valor de arredor de 35.000 hectáreas en toda Galicia por iniciativa da Xunta nestes últimos anos”, segundo subliñou o conselleiro.
Outra das figuras que está permitindo recuperar de xeito sustentable a terra abandonada son as aldeas modelo. Actualmente hai 21 en toda Galicia, unha das cales é a de Ferreiros, no Concello de Ames. O obxectivo é crear actividade agrogandeira arredor destes núcleos de poboación e tamén contribuír a previr incendios.
- Santiago empieza a sancionar con hasta 30.000 euros a los dueños de pisos turísticos ilegales
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- La carrera por el Rectorado de la USC se decidirá entre Crujeiras y Flores
- Tres locales de Santiago donde todavía puedes tomar café desde 1,20 euros