Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

En marcha os comedores dos colexios Santa Irene e Portosín

Luis Oujo, esquerda, e Gonzalo Trenor, ó seu carón, onte en O Son / x.

Luis Oujo, esquerda, e Gonzalo Trenor, ó seu carón, onte en O Son / x. / s. s.

Porto do Son

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, visitou onte o CEIP Santa Irene e o CEIP Portosín, para supervisar a posta en marcha dos novos espazos para comedores, que contaron cun apoio da Xunta de máis de 60.000 euros entre as dúas actuacións. Desde xeito, deuse reposta á demandas das AMPA’s para dar ese servizo ás nenas e nenos en ambos centros.

Na visita ao CEIP Santa Irene, Trenor lembrou que, este ano, tamén se realizou unha importante actuación de renovación da súa cuberta cun investimento de máis de 265.000 €. A obra consistiu na retirada do material da cuberta actual e na colocación de paneis sándwich de chapa de aceiro galvanizado resistente aos ambientes mariños. No CEIP Portosín Trenor visitou o novo comedor e lembrou que un dos retos de futuro deste colexio será a construción do novo centro educativo na zona do Mariño. Será un dos colexios de Galicia construído integramente baixo os parámetros do Plan de nova arquitectura pedagóxica.

Tracking Pixel Contents