GASTRONOMÍA
Sabores e saberes da Costa da Morte e da ría de Muros-Noia no Fórum Gastronomic de Barcelona
Seis chefs de Costa da Morte e da ría de Muros-Noia divulgan o seu saber e os produtos destes xeodestinos no salón catalán
A Deputación da Coruña promove alí showcookings, sesións vermú, degustacións e charlas
A Xunta promociona os alimentos amparados pola marca Galicia Calidade

O chef Pepe Senande, de Muros, abriu o ciclo de showcookings promovidos pola Deputación da Coruña /d. c. / J. M. RAMOS
Os sabores e saberes galegos están a trunfar estes días no Fórum Gastrónomic de Barcelona da man da Xunta e da Deputación da Coruña, que están a promocionar a singularidade, diferenciación e calidade dos produtos do mar e da terra.
Baixo o lema A provincia que sabe, a institución provincial promoverá ata o mércores showcookings, degustacións, exposicións e mesmo o ritual tradicional da queimada. Todo iso da man de cociñeiros, profesionais e produtores locais, que aproveitan o evento gastronómico para exhibir o seu bo facer.
Os fogóns de Pepe Senande, do restaurante A Muradana de Muros, inauguraron este luns os showcookings, cun menú composto por un risotto de centola da ría e tempura de berberechos e alioli de alga e percebe, que conquistou os padais de todos os asistentes nunha xornada que comezou coa degustación dos vermús green Mixology e Bravú.
A mañá continuou cunha degustación de fabada celta a cargo da Despensa D’Lujo (Coristanco) e cunha cata comentada a cargo do enólogo Juan Chamorro, da Adega Cazapitas, e rematou coa elaboración dunha queimada a cargo de Miguel Queiro e Gonzalo Viñas.
Para rematar o día, os cociñeiros Adrián Loureiro e Alberto Cuenca, de Furna Atlántica de Caión (A Laracha) cociñaron unha caldeirada de peixe de tempada ao estilo tradicional, e un molete de tenreira galega ao estilo da Furna.
Nas xornadas do martes e do mércores, tamén participarán os chefs Fernando Rodríguez e Eva Guzmán, de O Secadoiro de Outes, e Silvia Facal, do restaurante Baláres (Ponteceso), ademais dos profesionais de Ferrolterra e As Mariñas, Adrián Pérez, de Sinxelo Ferrol; Lolo Mosteiro e Paula Martínez, de A Artesa da Moza Crecha, de Betanzos, quenes elaborarán novas receitas.
Ademais das propias degustacións, o stand de Turismo da Deputación da Coruña dá cabida a varias marcas de produtos agroalimentarios da provincia: A Conserveira, A Despensa D´Lujo, Bonilla a la vista, Costumes Galicia, Queixo Galmesán e todos os viños elaborados na provincia da Coruña.
“Para os produtores é moi interesante participar neste tipo de eventos moi especializados, onde se valoran especialmente os produtos moi vinculados aos territorios”, afirma o vicepresidente da Deputación e deputado de Turismo, Xosé Regueira. “Ademais de darlles visibilidade, atopan novas oportunidades de negocio”, engade ao respecto.
Ata a cidade condal tamén viaxaron este luns os conselleiros de Medio Rural e do Mar para promocionar a singularidade e diferenciación dos produtos alimentarios galegos amparados pola marca Galicia Calidade, presentes a través de 26 empresas e produtores galegos.
- Horario y dónde ver gratis el partido que puede decidir el regreso del Obradoiro a la ACB
- Vecinos de Bertamiráns denuncian la okupación masiva y los problemas de seguridad en un edificio de la Travesía do Pedregal: 'Nadie nos ayuda
- Una furgoneta pierde el control en el polígono del Tambre, se salta varios carriles y acaba empotrada contra la nave de Aluminos Cabeal
- El Obradoiro asciende y convierte Sar en una fiesta de ACB
- Sar, a un triunfo de volver a la ACB
- La otra grada del Obradoiro: “Un ascenso é algo histórico, non podía perdermo”
- Mario E. Casas, estudiante del Lamas de Abade, inaugura en Santiago una exposición sobre su primer cómic
- Ni es un faro ni deja de moverse: el 'gigante' de hormigón a 1 hora de Santiago que se balancea con el viento de la Costa da Morte
