25N
Paso á fronte contra a violencia
En Ames a Plataforma Feminista Galega lembrou a todas as vítimas deste ano 2023
Negreira, A Laracha e Vimianzo camiñaron para reivindicar a igualdade
Boqueixón inaugurou dous bancos violetas e en Vedra disputouse un partido de fútbol feminino
Uxía Morán representou na Pobra ‘A última cea’
Andainas, manifestos, concentracións, vídeos e ata mobiliario con mensaxes por unha causa común: Non á violencia de xénero. Ese foi o obxectivo que xuntou este sábado a persoas de todas as idades nos concellos da contorna de Santiago, Costa da Morte e Barbanza.
En Ames os a Plataforma Feminista Galega protagonizou unha performance na que se recordou cada un dos nomes das mulleres vítimas de violencia de xénero no que vai de 2023. Despois as concelleiras Uxía García, Escarlata Pampín e Oliva Agra, xunto co alcalde, Blas García, deron lectura ao manifesto institucional, que rematou cun minuto de silencio en recordo das vítimas. A xornada complementouse coa andaina Achégate á Igualdade, e a música de The Tetas Van.
Tamén en Negreira, máis de 200 persoas camiñaron contra a violencia nunha andaina encabezada polo alcalde, Manuel Ángel Leis, e a concelleira de Igualdade, Teresa Duro. Trala camiñada, Eva Veiga deu lectura ao manifesto institucional e entregáronse os premios do XIII Concurso Loita contra a violencia de xénero, no que resultaron gañadores o grupo Raios (Merendas) co mellor cartel gráfico; Nuria Lourido co mellor relato curto, e o Grupo de Madrugadores Que ben te quere, pola súa curtametraxe.

Concentración na Praza do Concello de Vimianzo / C.V.
En Rois estrearon un vídeo no que a veciñanza, baixo o lema Son de Rois e non calo, manifesta o su rexeitamento á violencia contra as mulleres e anima a todas as persoas a denunciar as agresións das que poidan ser testemuñas. E en Boqueixón a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Ángela Conde, e as técnicas do Centro de Información á Muller, Cristina Carbajales e Yolanda Neira, inauguraron os dous primeiros bancos violetas do municipio, para que “mulleres e homes se poidan sentar a reflexionar sobre a necesidade de contribuír e loitar na violencia conttra a muller”, afirmou Ángela Conde.
No Concello de Vedra, a Área da Muller e Igualdade, co apoio de toda a Corporación, organizou un partido de fútbol feminino no Campo de San Mamede. Previamente, deuse lectura a uha declaración institucional asinada por todos os concellos que integran a Fegamp.
Pola súa banda, en Boiro a rapazada dos centros de ensino do municipio foi a protagonista na lectura dun manifesto que puxo o foco na violencia que acontece nos ámbitos nocturnos. Por iso os actos deste ano centráronse na información para a erradicación deste tipo de conductas en idades temperás. “É na adolescencia, nas idades máis mozas, onde temos que incidir para erradicar a violencia contra as mulleres e para que este día non teñamos que saír á rúa para reivindicar a igualdade”, afirmou o alcalde, José Ramon Romero.
Durante a mañá, no Centro Social proxectouse a curta Lavadoiros de Lois Patiño, unha peza que na que participan 11 mulleres anónimas da zona do Barbanza e que trata sobre a dignificación da muller galega a través dos lavadoiros. Asemade, Raquel Queizás achegou aos máis cativos os seus Contos pola igualdade.
Na Pobra do Caramiñal, Uxía Morán representou no Cantón da Leña A última cea, dando via ao retrato dunha muller maltratada e as distintas fases dunha relación na que se vive a violencia de xénero.

Uxía Morán representando ‘A última cea’ na Pobra / C. A POBRA
Na Costa da Morte, a praza Anselmo Villar Amigo de Malpica volveu a ser o punto de encontro no que se gardarou un minuto de silencio polas 52 vítimas. Despois, a concelleira de Igualdade, Marisol Blanco Gorín procedeu a ler o manifesto institucional baixo o lema Muller na sombra. Podes saír da escuridade.
Asemade, a través do Facebook do Concello de Malpica deu a coñecer o duro testemuño de dúas mulleres que quixeron contar a súa experiencia para demostrar que se pode saír da sombra, que hai moitas maneiras de vivir pero que ningunha delas é soportando malos tratos. En Carballo tamén se celebrou unha concentración na que se presentou a campaña Cantas máis teñen que faltar? para que a sociedade reaccione contra a violencia. Os actos centráronse este ano na prevención da violencia sexual e na visibilizacións das vítimas menores.
Na capital larachesa, persoas de todas as idades participaron na terceira andaina A Laracha unida fronte as violencias machistas, e a concelleira de Igualdade, Rocío López, deu lectura á declaración institucional.
En Vimianzo tamén camiñaron cara a igualdade polo Roteiro 8M, e os escolares construíron un puzzle xigante contra a violencia.E en Cee romperon o silencio contra esta lacra social nun acto presidido pola alcaldesa, Margot Lamela, ao que se sumaron as asociacións Apem e Aspadex e os centros educativos.
- El Apóstol 2026 arranca este miércoles con 30 conciertos gratis en Santiago: horarios y cartel
- Asturias sigue la estela de Galicia y prohibirá la pesca deportiva del salmón en sus ríos en 2027 con excepción del 'campanu'
- El Monbus Obradoiro cierra un doble golpe en el mercado: ficha a Caleb Agada y Alonso Faure
- Borja Iglesias sorprende en la celebración del Mundial cantando un clásico del rap español
- El otro Mundial de Borja Iglesias: dos minutos, una confusión y el último saludo
- Fiestas del Apóstol 2026 en Santiago: programa completo, conciertos, fuegos y actividades día a día
- Las nuevas conexiones nacionales de Lavacolla permitirán viajar a Italia por 30 euros
- Ghaleb Jaber Ibrahim, pregonero de las Fiestas del Apóstol 2026: 'Me hace mucha ilusión, soy un santiagués más
