Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Arca avogou pola solidariedade nunha Traslatio que revive Padrón dende 1588

O alcalde retomou o voto da vila ao Apóstolo e pediu concordia entre os pobos

Destacou que o número de pedronías, a 'Compostela' local, superou as 22.000

Anxo Arca, esquerda no micro, na Traslatio celebrada en Padrón este sábado

Anxo Arca, esquerda no micro, na Traslatio celebrada en Padrón este sábado / Concello

Padrón

Anxo Arca, mandatario local de Padrón, destacou a importancia da vila como berce xacobeo na cerimonia da Traslatio celebrada na igrexa de Santiago. Alí renovou os votos padroneses co Apóstolo, solicitando a súa intersección para lograr que, por riba de ideoloxías e intereses particulares, se impoñan o diálogo e a colaboración de cara a lograr o desenvolvemento e benestar dos pobos. “Pídolle que sexamos máis solidarios e loitemos xuntos polo respecto a todas as persoas: que poidamos poñerlle fin á violencia machista, que atopemos as fórmulas para apoiar os colectivos máis desfavorecidos, que contemos todos coas mesmas oportunidades independentemente da nosa orixe e condición, que coidemos dos nosos maiores”, sinalou Arca.

Tamén lembrou que durante o pasado ano se repartiron máis de 20.000 pedronías, o certificado que acredita a continuación da peregrinación ata Padrón logo de visitar os restos do Apóstolo, e confesouse emocionado de revivir como rexedor a tradición documentada cando menos dende 1588. 

Tracking Pixel Contents