Catoira acolle un 'Congreso Vikingo' con representantes de 8 países

Panorámica das Torres do Oeste de Catoira / Concello de Catoira
Suso Souto
Un total de 23 persoas procedentes de Islandia, Noruega, Suecia, Francia, Islandia, Irlanda, Italia, Reino Unido e Holanda participarán a vindeira semana no Congreso Vikingo organizado polo Concello de Catoira coa colaboración do Xeodestino Mar de Santiago (formado por Vilanova, Valga e Pontecesures) e de Turismo de Galicia.
A Asociación DVA Follow the Vikings é un camiño cultural europeo formado por máis de 60 socios de 16 países que se uniron para desenvolver un destino turístico sen fronteiras ao redor do mundo vikingo. Catoira forma parte do seu comité directivo e foi a elixida para acoller a súa asemblea anual.
O encontro dará comezo o xoves 11 coa asemblea e coas intervencións dentro dos seminarios científicos do arqueólogo Diego Piay, o profesor da USC Manuel Gago e o director da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ildefonso de la Campa. Ademais, aproveitarase a visita internacional para presentar, da man de Melania Payán, o Xeodestino Mar de Santiago. Finalmente, a última hora do día os asistentes farán unha visita guiada ao Centro de Activación Cultural Torres de Oeste e ás as propias Torres.
O venres 12 será a quenda das visitas de campo. Os participantes visitarán os puntos máis relevantes de Pontecesures e Vilanova. Así, terán oportunidade de coñecer San Xulián de Requeixo, O Mercado da Lamprea e O Terrón. A xornada pecharase cunha visita a Pontevedra.
O itinerario da segunda xornada recrea a Ruta da Traslatio, o Camiño marítimo-fluvial polo mar de Arousa e o río Ulla, que coincide co camiño que tomaron os vikingos como vía de entrada en Galicia en varias ocasións, converténdoo en encrucillada histórica de peregrinación.
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- Una ciudad gallega, finalista a mejor Destino Nacional en los Premios Condé Nast Traveler
- Santiago se blinda ante el desalojo del edificio okupa de la Algalia de Arriba
- La huelga de autobuses de este lunes vuelve a poner en jaque el tráfico en Santiago
- Sin servicios mínimos: la huelga de buses vuelve a poner en jaque el tráfico en Santiago
- Las obras de modernización del Parador de Santiago obligan a cerrar la histórica puerta principal
- Galicia se congela con el aire polar: un nuevo frente de frío, nieve y granizo llega para comenzar la semana