MASCOTAS
En Carballo o teu can é un máis
O Concello impulsa unha campaña para fomentar a convivencia e promover as adopcións
A Policía Local informará e vixiará que se cumpra a lexislación vixente
Na canceira municipal cincuenta mascotas esperan por unha nova familia

Melón, un dos cans que espera unha familia de adopción en Carballo / C. L.
J. M. Ramos
Fomentar a convivencia entre os distintos usuarios das rúas e os espazos públicos, velar polo cumprimento da lexislación en materia de dereitos dos animais e obrigas das persoas que os posúen e promover as adopcións son os tres grandes obxectivos da campaña En Carballo o teu can é un máis, impulsada polo Concello.
O concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Vales, asegura que porán os medios para difundir a obrigatoriedade de normas tan sinxelas como levar aos cans sempre atados con correa, e no caso de razas consideradas potencialmente perigosas, tamén con bozo; recoller os excrementos; e telos identificados con microchip.
Un problema grave é o abandono de mascotas. Nos 11 anos que leva en funcionamento a canceira municipal recolléronse 927 cans e 73 gatos, máis de 1.000 animais dos que só un 15% estaban identificados con microchip. Unha cuarta parte foron reclamados polos seus propietarios e un 28% foron adoptados, pero, aínda que só no que vai deste ano xa se rexistraron oito adopcións, aínda hai 8 cans na instalación municipal e 42 aloxados no Hotel do Can: 50 animais en total cuxo mantemento supón para as arcas municipais máis de 350 euros ao día, sen contar gastos médicos e doutro tipo.
Juan Seoane, concelleiro de Seguridade, lembra que nos últimos anos entraron en vigor unha lei autonómica e outra estatal que introducen importantes novidades con respecto aos dereitos das mascotas e ás obrigas das persoas que as posúen, pero que ademais prevén sancións moi cuantiosas no caso de incumprimento. “Desde a entrada en vigor da lei estatal recibimos varias chamadas tanto de protectoras coma de veciños a título individual denunciando o estado no que se atopaban algúns animais”, apuntou. Tras as indagacións policiais pertinentes, nos casos nos que foi necesario aplicáronse medidas correctoras que deron resultado sen necesidade de tramitar sancións.
De feito, o traballo diario da Policía Local e a campaña que se pon en marcha agora teñen un obxectivo informativo e corrector de posibles condutas incívicas. Pedro Cancela, xefe da Policía Local, asegurou no acto de presentación da campaña que intensificarán a presenza dos axentes nas zonas nas que hai maior presenza de cans e comprobarán se teñen microchip, se levan correa ou bozo, se a persoa propietaria porta as bolsas obrigatorias para recoller os excrementos e se os animais están ben coidados. Ademais, repartirán folletos informativos que recollen normas básicas de convivencia e tamén dispensadores de bolsas con forma de óso a quen o precise.
Pola súa banda, o alcalde, Evencio Ferrero, fai un chamamento “a respectar aos demais como a todos nos gusta que nos respecten” e á responsabilidade dos propietarios de mascotas de proporcionarlles os coidados axeitados".
O rexedor carballés amósase crítico coa lexislación actual que establece obrigas para as administracións locais sen dotalas de medios, o que “obriga a esforzos extraordinarios”, e insistiu en que “se todo o mundo cumpre, a sociedade gaña”. Agradece a colaboración de clínicas e outros establecementos veterinarios no reparto do material informativo elaborado para esta nova campaña de concienciación en Carballo.
- Encuentran el cadáver de un hombre encadenado y sumergido en aguas del puerto de Ribeira
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- Galicia quiere convertirse en el gran plató de las películas y series que se rueden en España
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión

