LETRAS GALEGAS
Vermú literario e musical en Carnota
A escritora Guadalupe Vázquez presentou a novela 'Carburos é o meu dios'
As pandereteiras da Escola de Música e a coral Mar de Ardora ofreceron un concerto

Juan Manuel Saborido e Guadalupe Vázquez na presentación da novela / Cedida
J. M. Ramos
A praza de San Gregorio de Carnota foi escenario do Vermú Literario e Musical organizado pola Escola Municipal de Música e a Axencia de Lectura Municipal, xunto coa Libraría Chorima. A xornada comezou coa presentación da novela Carburos é o meu dios (Editorial Medulia), de Guadalupe Vázquez Formoso, que estivo acompañada polo alcalde, Juan Manuel Saborido.
Carburos é o meu dios é unha novela curta ambientada en Cee, no Salto de Castrelo e no Monte do Pindo, na época da construción da canle de auga para a central eléctrica do Xallas que abastecería de enerxía a fábrica de carburos. A autora carnotá explicou que a obra pretende ser unha lembranza histórica e unha homenaxe aos traballadores do Salto de Castrelo e tamén aos da fábrica, coma seus avós, Gerardo Parga Sánchez e Manuel Vázquez Trillo, coñecido polos compañeiros como O Carnotán.

Concerto da Coral Polifónica Mar de Ardora no Vermú Literario e Musical de Carnota / C. Carnota
Trala sinatura de exemplares pola autora, celebrouse o concerto Musicando as Letras Galegas, coa actuación das Pandeireteiras e a Coral Polifónica Mar de Ardora da Escola de Música de Carnota, que rematou cunha emotiva interpretación do himno galego.
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- Augas de Galicia sanciona al Concello de Santiago con 300.000 euros tras mediciones en el río Sar
- El bar a 20 minutos de Santiago donde Netflix rodó una de sus series más vistas: 'Fue una experiencia flipante
- El aeropuerto de Santiago pierde uno de cada tres pasajeros con respecto al año pasado
- Santiago vive un fin de semana para no quedarse en casa: conciertos, Carnaval, San Valentín y mucho más
- La Deputación da Coruña licita por 1,12 millones la adquisición de un inmueble para su sede en Santiago
- Aumenta la división sindical por el conflicto de los autobuses tras la última reunión mediadora
