SERVIZOS
Un aparcamento verde dotado de 395 prazas complementa a rede de servizos da praia de Balarés
Construirase tamén unha senda peonil
O investimento, a cargo da Deputación, é de 396.800 €
As obras rematarán en setembro

Juan Ramón Vidal, esquerda, Valentín González e Lois García, en Balarés / D. Coruña
J. M. Ramos
Os usuarios da praia de Balarés (Ponteceso) disporán, a partir de setembro, dun novo aparcadoiro verde dotado de 395 prazas. O obxectivo é ordenar o estacionamento de vehículos e garantir a seguridade da veciñanza e dos numerosos visitantes que rexistran o areal, o pinar e a zona de lecer próxima, especialmente durante a época estival. A actuación está financiada pola Deputación da Coruña e supón un investimento de 396.800 euros.

Valentín González, no centro, cos representantes políticos e técnicos en Balarés / D. Coruña
O pavimento estará composto por formigón con ocos recheos de terra sobre os que se dispón céspede. Isto permitirá unha resistencia maior para soportar o peso dos vehículos e, ao mesmo tempo, crear unha superficie verde cunha permeabilidade do 90%. Usaranse técnicas de drenaxe urbana sostible e plantaranse árbores autóctonas no espazo para unha mellor integración na zona. As obras inclúen ademais a construción dunha senda peonil de 116 metros de lonxitude e 2 metros de ancho, delimitada a ambos lados por travesas de madeira, cunha pasarela-ponte de 4,5 metros para salvar o cauce natural do regato existente na zona.
O presidente provincial, Valentín González, acompañado da deputada de Vías e Obras, Mónica Rodríguez; o tenente de alcalde de Ponteceso, Juan Ramón Vidal; o concelleiro de Obras, Constantino Fernández; o edil socialista Lois García Carballido; e técnicos da empresa adxudicataria e dos departamentos de Estradas e Arquitectura provinciais, visitou este luns as obras de construción.

Valentín González supervisando o plano das obras en Balarés / D. Coruña
Formoso comprobou que as obras avanzan a bo ritmo e prevé que en setembro estean completamente concluídas. “Balarés é un espazo moi singular, moi vinculado á Deputación da Coruña”, afirmou. Destacou ademais que se trata dunha intervención branda, “perfectamente integrada no entorno natural da zona”, e lembrou que este aparcadoiro complementa unha serie de melloras de máis de 600.000 euros executadas dende o ano 2016.
O tenente de alcalde, Juan Ramón Vidal, sinalou que “é unha obra moi necesaria, sobre todo no verán e nas fins de semana, cando hai máis problemas de aparcamento”.
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El Fernando Alonso de Silleda ficha por McLaren: 'Es una de las promesas más brillantes del automovilismo europeo
- El ensanche norte de Santiago obligará a desdoblar la Avenida de Asturias ante el incremento del tráfico
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Investigan a una vecina de Santiago por tener a cuatro simpapeles sin cobrar y viviendo en condiciones 'deplorables
- Aterrizan en Santiago las fresas con chocolate 'más famosas y virales del mundo
- Reinician todo el proceso para conceder una central de bombeo en Brión al entrar Naturgy en la pugna