EDUCACIÓN

Música, teatro e obradoiros na Semana das Artes Escénicas do IES Fernando Blanco de Cee

Casa Hamlet presenta este martes a obra 'Xente de pálida pel' nunha función aberta ao público

Instituto Fernando Blanco, de Cee

Instituto Fernando Blanco, de Cee / Concello de Cee

J. M. Ramos

O IES Fernando Blanco, de Cee, ergueu este luns o pano da I Semana das Artes Escénicas que inclúe teatro, música e obradoiros dirixidos á comunidade educativa, pero tamén ao público.

Un pasacorredoiras do grupo de música do instituto inaugurou a programación e deu paso ao espectáculo Punta, tacón, de Elisa Lerma Gómez, de Farándula Velutina. No recreo impartiuse un obradoiro de máscaras. Casa Hamlet presenta este martes, a partir das 20.00 horas, a obra Xente de pálida pel. A función está aberta ao público en xeral ata completar o aforo.

O mércores, día 22, Farándula Velutina porá en escena O agasallo, e o xoves, día 23, Teatro das Maniotas, do IES de Brión, presentará Ibáñez, cabaré, e pola tarde, a partir das 20.00 horas, a Escola Municipal de Teatro de Corcubión achegará os Segredos de familia e licor café. Esta función tamén é aberta ao público.

A Semana das Artes Escénicas pecharase o venres coa función Os vellos non deben namorarse, a cargo da compañía Tuéjele Teatro.