CULTURA

Máis de tres mil espectadores gozaron da dezaseis edición da Mostra de Teatro Xosé Agrelo de Muros

Nesta edición tiveron gran protagonismo as compañías locais

Todos os escolares do municipio asistiron a unha función

Todos os escolares do municipio asistiron a unha función teatral

Todos os escolares do municipio asistiron a unha función teatral / Concello de Muros

J. M. Ramos

O Concello de Muros pechou a XVI Mostra de Teatro Xosé Agrelo, organizada pola Concellería de Lingua, cun balance moi positivo pola calidade das representacións e a masiva asistencia ás obras, superando os 3.000 espectadores.

Unha das obras representadas na mostra muradana

Unha das obras representadas na mostra muradana / Concello de Muros

“Queríamos que este ano os grupos locais tiveran unha presenza moi importante, aínda que tamén estiveron compañías de fóra”, explica a alcaldesa, María Lago. O resultado “foi mellor do esperado, con moita expectación e moitos veciños e veciñas implicadas na mostra”.

O publico ateigou as butacas da sala onde se realizaron as representacións

O publico ateigou as butacas da sala onde se realizaron as representacións / Concello de Muros

Ademais, outra das novidades, moi ben acollida pola veciñanza, foi o propio cartaz da mostra, protagonizado por actores e actrices locais e que o Concello quixo que servira como unha homenaxe ao tecido teatral local. Laura Rivadeneira, concelleira da Lingua, amosa tamén a súa satisfacción “porque o teatro chegou a todos os nenos e nenas de Muros; nesta mostra, todo o alumnado asistiu a algunha representación”. E o Concello participou na ofrenda a Xosé Agrelo na Alameda de Esteiro, organizado por O Xeito Teatro.