A alcaldesa de Lousame cre que “se Zernadas de Castro non fora cura ao mellor xa tiña o seu Día das Letras Galegas”
Opleno aprobou unha declaración institucional para que a RAG lle renda esa homenaxe en 2026 ao “precursor do galeguismo”

Mozos e mozas de Lousame realizando unha ofrenda floral o pasado mes de maio ante o busto de Zernadas / Cedida
Suso Souto
O Concello de Lousame leva anos reivindicando que se lle dedique o Día das Letras Galegas a un referente local da literatura: Diego Antonio Zernadas de Castro, coñecido popularmente como o cura de Fruíme.
Na última sesión plenaria, a Corporación municipal aprobou unha declaración institucional para propoñer dita candidatura para 2026. O Concello comprometeuse a elaborar un informe sobre a figura do cura de Fruíme e a súa importancia como precursor do galeguismo, así como a solicitar unha reunión co presidente da Real Academia Galega e a seguir buscando o apoio dos distintos académicos.
“Xa fun á Real Academia Galega vairas veces e reuninme con académicos, e penso que, se Zernadas non fose sacerdote, ao mellor xa estaba recoñecido. Non entendo que se lle discrimine por iso”, dixo a alcaldesa, Teresa Villaverde.
A declaración institucional aprobouse en base a unha moción do grupo mixto “que parece sacada da miña intervención en Fruíme de hai dous anos”, apuntou a alcaldesa, quen aproveitou para darlles a “benvida” a “unha reivindicación que levamos facendo cada ano as distintas corporacións municipais a través de múltiples actividades, como as deste ano, que incluíron a tradicional ofrenda floral e unha exposición sobre a figura de Zernadas de Castro elaborada en colaboración coa asociación veciñal Zernadas de Castro”.
Na mesma liña pronunciouse o voceiro socialista, Juan José Prego Ces, quen sinalou que “non entendemos por que non se lle dá ese aprecio a Zernadas de Castro”.
Anxo Moledo, voceiro do grupo mixto, xustificou a moción na importancia de dito autor como primeiro precursor do galeguismo e pola súa defensa de Galicia nos seus escritos, tanto en prosa como en verso, así como o seu apoio á veciñanza da parroquia de Fruíme, ensinándolles a ler e a cultivar o millo.
Nos 45 anos que estivo á fronte da parroquia, Zernadas (Santiago 1702-Lousame 1777) escribíu obras en prosa e en verso en defensa de Galicia e das inxustizas ou con outros moitos motivos. Foi arcipreste de Postmarcos de Arriba, gañou un premio poético en Murcia e actuou tamén na parroquia como mestre de agricultura, pois parece ser que foi el quen introduciu o cultivo do millo no lugar, ensinando o xeito de cultivalo e de moelo e como facer a boroa, xunto ca introducción da diversificación de cultivos.
Ensinaba ós veciños a ler diante da igrexa e alí mesmo lles explicaba mediante sinxelas obras de teatro, algúns dos misterios da relixión.
Deixou un importante legado en prosa e verso, castelán, galego e latín.
- Encuentran el cadáver de un hombre encadenado y sumergido en aguas del puerto de Ribeira
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- Galicia quiere convertirse en el gran plató de las películas y series que se rueden en España
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión