Compromiso por escrito dos compoñentes da Corporación de Ames para vivir en galego durante cando menos vinte e un días
Asinaron o acordo que xa impulsaron a Real Academia Galega e Normalización Lingüística local con 2.000 alumnos
Expertos como Manuel Núñez Singala fan fincapé nas charlas na importancia de empregar varias linguas na sociedade

Rúbrica do compromiso con galego por parte de Blas García, pola esquerda, Oliva Agra, Escarlata Pampín e Luísa Feijóo no salón de plenos / Concello
Xa tardaba: se 2.000 alumnos de Ames manifestaron o seu compromiso co programa de inmersión lingüística Modo Galego, actívao! da Real Academia Galega (RAG), que anima a vivir durante 21 días empregando o idioma de Castelao... Por que non estender o acordo por escrito aos seus políticos? Pois dito e feito, porque os membros da Corporación local, co alcalde á fronte, veñen de rubricar o contrato polo que se obrigan libremente a usar esta lingua.
Foi no último pleno do mes de maio, celebrado o pasado día 30, cando a Corporación municipal amesá era convidada pola RAG a activar ese Modo galego. Así, edís de todos os partidos políticos asinaron un documento mediante o cal se comprometeron a fomentar o uso da lingua galega en todos os ámbitos da súa vida durante, cando menos, tres semanas.
Este reto de inmersión lingüística comezou o 13 de maio, e é o Seminario de Sociolingüística da RAG quen se encarga de novo do asesoramento e da posterior avaliación do proxecto, ao ter na experiencia do compromiso coa inmersión lingüística un dos seus piares. Nesta ocasión, a proposta que retou a máis de 2.000 alumnos a empregar o galego polo menos durante tres semanas en todos os ámbitos da vida, ampliándose ata o final do mes das Letras Galegas.
Idea de Pilar Ponte
A idea inspírase en 21 días co galego, o programa posto en marcha pola profesora Pilar Ponte, pero coa particularidade de implicar por primeira vez, dende a súa estrea o curso pasado, as escolas dun mesmo municipio a un tempo e estenderse a outras actividades educativas, complementarias e extraescolares de xestión local. Por outra banda, a experiencia de compromiso lingüístico, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames e a RAG, comezou o 6 de maio cunha conferencia impartida por Manuel Núñez Singala ás educadoras e familias da escola municipal A Madalena.
Esta foi a primeira dunha serie de charlas informativas a cargo deste escritor, divulgador e director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela. O día 7 estivo na Escola Infantil Municipal O Bosque, e o 15 de maio impartiu unha sesión aberta a todas as familias e profesionais da educación de Ames na casa da cultura de Bertamiráns. Alí incidiu no aproveitamento das posibilidades dunha comunidade bilingüe inserida nun mundo multilingüe.
- Las nuevas conexiones nacionales de Lavacolla permitirán viajar a Italia por 30 euros
- Ghaleb Jaber Ibrahim, empresario e impulsor de la Fundación Araguaney, será el pregonero de las Festas do Apóstolo 2026
- Cambio de tiempo en Santiago: MeteoGalicia alerta de fuertes precipitaciones este lunes
- Piden cuatro años de prisión para un policía urbanístico de Santiago por falsificar el informe de una obra en Fontiñas
- El cementerio gallego que opta a ser el mejor camposanto de España: 'Una nueva forma de entender los espacios funerarios
- Borja Iglesias sorprende en la celebración del Mundial cantando un clásico del rap español
- Excarcelan a un hombre tras chocar su coche contra un camión aparcado en Santiago
- Santiago celebra en la Plaza Roxa el Mundial de España

