CULTURA

O Ciclo da Música de Muros oferta cinco concertos este mes

O alumnado da Escola Municipal actuará no Curro da Praza e o Areal de Esteiro

A cantautora MJ Pérez pechará o programa na praza do Mercado

César Acuña, María Lago, Caridad González e Laura Rivadeneira presentando o Ciclo da Música

César Acuña, María Lago, Caridad González e Laura Rivadeneira presentando o Ciclo da Música / C. M.

Redacción

O Concello de Muros organiza este mes o Ciclo da Música, unha actividade promovida conxuntamente polas concellerías de Ensino e Lingua, e a de Cultura, que inclúe cinco concertos da Escola Municipal no Curro da Praza e o Areal de Esteiro. Están programados para os días 11, 13, 14, 19, 20 e 21.

Os veciños e veciñas serán testemuñas da evolución do alumnado da escola durante o curso, con recitais de violín, piano, guitarra ou música moderna, ademais dun concerto das aulas de adultos. Para pechar o ciclo, a praza do Mercado acollerá un concerto a cargo da cantautora MJ Pérez, coa colaboración da Deputación da Coruña.

No acto de presentación do ciclo musical participaron, entre outros, a alcaldesa de Muros, María Lago; a concelleira de Cultura, Caridad González; a súa homóloga de Ensino e Lingua, Laura Rivadeneira, e tamén o director da Escola Municipal de Música, César Acuña.