COMERCIO
Cee adapta o mercado municipal ás necesidades do século XXI
A reforma integral, xa en marcha, estará rematada no mes de decembro
O proxecto inclúe a creación dunha plataforma web App e campañas de formación e promoción
O Concello financia os traballos cunha subvención estatal de 1.056.000 euros

Recreación virtual da futura fachada do mercado municipal de Cee / Concello de Cee
A reforma integral do mercado municipal de Cee xa está en marcha e, se os prazos se cumpren, praceiros e clientes disporán a partir de decembro dunha praza de abastos adaptada á realidade e ás necesidades do século XXI. Un proxecto que suporá un investimento de máis dun millón de euros, que será financiado cunha subvención estatal de 1.056.000 euros.
Ademais do acondicionamento e modernización das instalacións, habilitarase unha plataforma web App e desenvolveranse campañas de formación e promoción, que xa están en fase de licitación, segundo informa a alcaldesa, Margarita Lamela. O proxecto contempla ademais a creación dun espazo gastronómico na planta baixa, no que se poderán degustar produtos locais, ademais da habilitación de áreas de exposición, un posto de artesanía, e unha zona de descanso e promoción do Camiño de Santiago.
Co fin de mellorar a eficiencia do inmoble instalaranse paneis fotovoltaicos e renovarase a envolvente térmica do edificio, así como o illamento acústico.
O Concello ceense xestionou subvencións por valor de "máis de 3 millóns de euros", segundo a rexedora, para proxectos de eficiencia enerxética, a mellora da mobilidade e o referido mercado. Entre as actuacións, destacan tamén a instalación dunha bomba de calor e a mellora da envolvente da piscina municipal; a creación dun campo de entrenamento, a dotación de saneamento e a mellora da accesibilidade e os aparcamentos do estadio de San Paio de Refoxos, ademais de reformas na casa de cultura de Pereiriña e a instalación de caudalímetros na rede municipal de auga.
En materia de seguridade viaria e mobilidade destacan a reordenación da rúa da Escola, o acondicionamento das rúas Castelao, Pepe do Pocho, e pistas de Ameixenda e A Grixa, así como de itinerarios peonís, ademais do acondicionamento da Praza do Campo do Sacramento, a casa da cultura de Brens e a depuradora de Porcar. Actualmente, atópanse en fase de licitación a mellora da pista de Carbaliza e a bomba de calor para o centro de saúde, que será cofinanciada polo Sergas.
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Los ríos de Santiago multiplican su caudal por diez en cuatro horas: 'Subiu alomenos cinco metros
- Prime Video desembarca en Santiago para grabar nuevos capítulos de una de sus series de referencia
- Santiago pone fecha a la llegada de la Navidad : del encendido de las luces a los mercados, todo lo que debes saber
- Desalojado el narcopiso de Fontiñas: «Estamos contentos»
- El ADN innovador de Finsa: 'Es uno de los principales usuarios del supercomputador del Cesga
- «Esta fiesta por los 90 años de Capitol es una muestra de orgullo picheleiro»
- Los efectos de Claudia en Santiago: un herido en la AP-9 y varios puntos inundados

