Sorpresa arqueolóxica en Vimianzo: atopan unha fouce de 2.200 anos de antigüidade

Imaxe da fouce atopada no Castro das Barreiras

Imaxe da fouce atopada no Castro das Barreiras / Cedida

A nova campaña de escavacións no Castro das Barreiras (Vimianzo) desvela, apenas dez días despois, o achado máis espectacular e relevante dos que se levan atopado: unha antiga fouce de 2.200 anos de antigüidade. As Barreiras era un centro de actividade eminentemente agrario. Ao ser concebido no fondo dun val, “fundouse e viviuse como un gran centro de explotación agrícola. Almacenaban e distribuían as colleitas”, subliña o responsable das escavacións, Tito Concheiro.

“É tremendamente emocionante atopar un obxecto que fala. Os seus habitantes almacenaban e distribuían as colleitas, anticipándose así ao mundo da Antiga Roma. Foron uns precursores”, prosegue o arqueólogo.

A fouce ten 2.200 anos de antigüidade

A fouce ten 2.200 anos de antigüidade / Cedida

Concheiro recalca “o valor desta peza, claramente museística e que proporciona un valor incalculable xa a nivel supragalego”. “Non hai unha peza semellante en todo a contorna da Costa da Morte”, engade. Un elemento da actividade cotiá e que contextualiza en maior medida a vida deste xacemento, claramente na Idade de Ferro.

Non apareceu o mango, polo tempo transcorrido e a caducidade da madeira que o recubría. Cabe lembrar que xa aparecera un sacho, e algún resto da punta doutras fouces, xamais destas características. Este achado coincidiu coa visita dos escolares do CEIP Labarta Pose, de Baio