MÚSICA

O vimiancés DJ Rokiño grava novo videoclip en Brandoñas

Busca xente de todas as idades para exercer de figurantes

Os interesados deben acudir o domingo ás 15.45 ao complexo turístico zaense

O novo tema de Dj Rokiño será unha homenaxe á música galega

O novo tema de Dj Rokiño será unha homenaxe á música galega / Cedida

O vimiancés Damián Rodríguez, máis coñecido no mundo artístico como DJ Rokiño, prepara un novo tema e gravará este domingo, día 16 de xuño, o videoclip dese novo traballo, que verá a luz o vindeiro día 21. O autor de temas como Na llama, Hai que dalo todo e Coa que traio precisa da axuda de nenos, mozos e maiores, “xente de todas as idades” para participar como figurantes no seu novo traballo.

As persoas interesadas deben presentarse ás 15.45 horas no Complexo Turístico de Brandoñas (Zas). Ademais de poder converterse en protagonistas dun novo éxito do artista vimiancés, teñen garantido que será unha experencia moi divertida.

Dj Rokiño nunha das súas actuacións

Dj Rokiño nunha das súas actuacións / Cedida

Como adianto, Rokiño asegura que o seu novo tema está moi apegado á terra, “pois decidín que, alomenos o corenta por cento do repertorio que levarei a concertos e actuacións, será de música en galego”.

Desde o seu achegamento ao mundo artístico, Rokiño non deixou de medrar en seguidores e de sumar concertos, non só en Galicia, senón tamén no estranxeiro.