SERVIZOS

Malpica proxecta a rede de saneamento integral de Beo

O alcalde, Eduardo Parga, solicitou o apoio da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez

Dará servizo aos cincocentos habitantes do núcleo da parroquia de San Tirso de Vilanova

Ángeles Vázquez e Eduardo Parga na reunión que mantiveron na Xunta

Ángeles Vázquez e Eduardo Parga na reunión que mantiveron na Xunta / X. G.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga, avaliaron este martes o proxecto municipal para mellorar o saneamento integral no lugar de Beo, na parroquia de San Tirso de Vilanova. Segundo o rexedor, o obxectivo desta iniciativa, considerada prioritaria para dar servizo a cincocentos habitantes da contorna, e dotar a este lugar dunha rede de colectores e dunha estación depuradora de augas residuais para complementar así a rede de pluviais xa existente.

Dende a Consellería de Medio Ambiente subliñan que “a Xunta continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á súa veciñanza”.