TURISMO

Tres premios Indigo Awards para o Bela Fisterra

Distinguen o branding, o logo e a gráfica de contidos deseñados por Teiga Studio

As distincións foron entregadas en Atenas

Hotel Bela Fisterra, situado ao pé da praia de Langosteira

Hotel Bela Fisterra, situado ao pé da praia de Langosteira / Bela Fisterra

O Hotel Bela Fisterra foi distinguido en Atenas (Grecia) con outros tres prestixiosos premios Indigo Awards na especialidade de branding (ouro), identidade e logo (bronce) e gráfica de contidos (bronce) creados para o establecemento por Teiga Studio

Os galardóns Indigo Awards convócanse en Amsterdam anualmente e premian os mellores traballos do mundo en diferentes especialidades como o branding, deseño gráfico, deseño dixital, deseño social e deseño para móbiles. Un xurado de case 60 profesionais de todo o mundo xulga e premia os mellores traballos en cada especialidade, concedendo premios de ouro, prata e bronce.

Estas novas distincións súmanse aos sete premios que xa tiña Bela Fisterra: Wolda Award of Excellence na categoría Corporate ldentity, Graphis de Ouro na modalidade de Póster, Graphis de Ouro na especialidade de Design, Graphis de Prata na categoría de Design, bronce nos premios Laus 2019 do ADG FAD especialidade de Branding, e Premios Nacionais Anuaria (2).

Ademais o establecemento hoteleiro conta coas certificacións e selos S de Sustentabilidad Turística, Q de calidade, Galicia Calidade, Fair Hotels Hotel Justo, Galicia Calidade Xeotermia Ecostars 2023, Ruralka como aloxamento recomendado 2023, Empresa Responsabilízate e Pegada de Carbono Cero. Foi finalista tamén na BID - Bienal lberoamericana de Diseño 2018, nominado aos premios ArchDaily Building of the Year 2020, e representou a España na BID - Bienal Iberoamericana de Diseño 2018, dúas veces finalista nos Premios de Comunicación y Marketing de Galicia (Premios Paraugas) e Shortlist en los Communication Arts Awards especialidad de Branding. Representou tamén á Comunidade en Galicia. Processos e formas, da Porto Design Biennale.

Destacar asemade que Teiga Studio, axencia experta en branding gañou 300 premios nacionais e internacionais dos máis importantes e recoñecidos entre os que se atopan ADC NY Awards (EE.UU.), Print Awards (EE.UU.), Communication Arts Award of Excelence (EE.UU.), Design and Design (Francia), Art Directors Club of Europe, Canes Lions Design (Francia), Wolda (Alemania), Graphis (EE. UU.), Laus (España), Anuaria (España), Indigo Awards (Amsterdam), ISTD (Londres) e está presente en máis de 100 publicacións internacionais, posicionándose como a axencia máis premiada de Galicia e unha das máis galardoadas de España.

TEMAS