OFICIOS

Volven os obradoiros artesanais ao castelo de Vimianzo

Veciños e visitantes poderán aprender dos artesáns que traballan a diario na fortaleza de Soneira

Impartiranse nos meses de xullo, agosto e setembro

A alcaldesa, á esquerda, cos artesáns, a concelleira e a técnica de Cultura, no castelo

A alcaldesa, á esquerda, cos artesáns, a concelleira e a técnica de Cultura, no castelo / C. V.

O castelo de Vimianzo ofertará obradoiros de artesanía. En xullo, Aspadex ensinará a confección do liño (día 13); o Obradoiro Lista impartirá o taller Modela co barro (día 20); e a Asociación Palilleiras As Nemanquiñas ensinará como repenicar os panillos (día 27). As contas de vidro serán as protagonistas en agosto. Esther Ferreiro amosará como se realizan con soplete (día 3); a Asociación As Nemanquiñas ensinará a palillar (día 10); A.V. O Santiaguiño de Carreira a tecer o liño (día 17); Arte en Palla a trenzar palla (día 24); e o Obradoiro Lista amosará a arte do barro de Buño (día 31).

En setembro, Chema Suárez ensinará como se fan as maquetas de barcos (día 7) e a Asociación Amigos do Liño de Galicia aportará as técnicas para fiar o liño (día 13). Impartiranse ás 11.00 horas, agás os do 27 de xuño e 13 de setembro, que serán ás 17.00 horas.