As ANPA amesás divulgan unha carta aberta diante dos problemas actuais das familias

Os proxenitores critican os conflictos entre o goberno municipal e a comunidade educativa

Citan a suba dos servizos complementarios, comedor de Ventín, Escola de Verán e a cociña central

Membros da comunidade educativa amesá e políticos nunha reunión extraordinaria do Consello Escolar Municipal

Membros da comunidade educativa amesá e políticos nunha reunión extraordinaria do Consello Escolar Municipal / Concello

As ANPA de Ames veñen de publicar nas últimas horas unha carta aberta que se desenvolverá este xoves.

Nela elevan a futura suba dos servizos complementarios ata “un 20%”; a tramitación por urxencia da Escola de Verán con redución de prazos de subsanación; a falta de reunión previa por unha cociña central que creen “non estará para o vindeiro curso”; a falta de concreción das admisións para o comedor de Ventín; e os conflictos entre o goberno local e a comunidade educativa.