EDUCACIÓN

Premian ao instituto de Zas por potenciar o consumo responsable

Alumnos de ESO e FP Básica foron galardoados no concurso Consumópolis

Gabriel Alén, no centro con alumnos do IES Maximino Romero de Zas

Gabriel Alén, no centro con alumnos do IES Maximino Romero de Zas / Xunta

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado da xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), Sol Vázquez, visitou e felicitou ao alumnado do IES Maximino Romero de Zas premiado no concurso Consumópolis, co que o Goberno galego está a potenciar a educación para o consumo responsable nos centros de ensino.

En concreto, o centro educativo de Zas gañou na categoría de 3º e 4º de ESO e de FP Básica. Nesta edición, baixo o lema Súmate á enerxía responsable, os premios foron de 1.000, 600 e 300 euros para cada categoría.