INCENDIO

Queiman un colector do lixo na parroquia carballesa de Bértoa

As lapas foron sufocadas polos bombeiros do parque de Carballo

Colector incendiado na parroquia carballesa de Bértoa

Colector incendiado na parroquia carballesa de Bértoa / Consorcio

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Carballo foron alertados pasadas as 05.40 horas desta madrugada dun incendio que afectou a un colector do lixo situado na estrada DP 1909, na parroquia carballesa de Bértoa.

O operativo consistiu na extinción do lume, o cal calcinou por completo o colector. Tamén procederon á limpeza dos restos da vía e a beirarrúa.