ACCIDENTE

Unha persoa ferida nunha saída de vía á entrada do polígono de Vimianzo

Foi trasladada en ambulancia ao Punto de Atención Continuada da capital de Soneira

Os bombeiros do parque comarcal de Cee colaboraron nas tarefas de auxilio

O ferido foi auxiliado polos bombeiros e sanitarios do 061

O ferido foi auxiliado polos bombeiros e sanitarios do 061 / ADC Bombeiros Costa da Morte

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Cee auxiliaron esta mañá unha persoa que resultou ferida nun accidente de tráfico en Vimianzo. A alerta activouse pasadas as 12.30 horas cando os servizos de emerxencias recibiron o aviso dun vehículo accidentado tras saírse da vía na entrada do polígono vimiancés.

Como consecuencia do impacto, un dos ocupantes do turismo resultou ferido e tivo que ser trasladado en ambulancia ao Punto de Atención Continuada de Vimianzo.