FORMACIÓN

Mariñeiros e mariscadores fórmanse en Noia para actividades do eido turístico

Villaverde entregando o diploma a un dos alumnos

Villaverde entregando o diploma a un dos alumnos / Cedida

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, participou na entrega de diplomas no Casino de Noia dos cursos que impartiu o GALP Costa Sostible e nos que participaron 76 persoas: 18 nos cursos de turismo pesqueiro e 58 nos de turismo mariñeiro para marisqueo a pé.

A formación incluíu unha visita práctica para ver o desenvolvemento dunha actividade de turismo mariñeiro, neste caso a Amar Carril, e seis horas de titorías especializadas para o deseño dunha posible actividade de turismo mariñeiro.

Villaverde, quinta pola esquerda, con asistentes ao acto celebrado en Noia

Villaverde, quinta pola esquerda, con asistentes ao acto celebrado en Noia / Cedida

Tamén se realizaron outros dous cursos: un para os traballadores do mar de Noia e outro para os de Muros, sobre turismo pesqueiro seguindo o mesmo esquema. Nesta ocasión a visita práctica foi o embarque como turistas nunha embarcación na que se vén desenvolvendo esta actividade. Dous participantes xa amosaron a súa intención de desenvolver esta actividade para o próximo verán. 

Os participantes adquiriron coñecementos para poñer en práctica actividades complementarias á da pesca, como son o turismo pesqueiro e o turismo mariñeiro.