Porto do Son acollerá o festival Rompetiño Jump do 5 ao 7 de xullo

O programa do festival de cultura urbana inclúe as actuacións de Suevia, Pili Pampín e Banda da Balbina

Unha das actividades dunha anterior edición do Rompetiño Jump

Unha das actividades dunha anterior edición do Rompetiño Jump / Cedida

Porto do Son prepárase para acoller un dos eventos máis esperados do verán: o festival de cultura urbana Rompetiño Jump, que se celebrará os días 5, 6 e 7 de xullo. Ademais dos seus famosos concertos de música urbana que se celebrarán os días 5 e 6 de xullo e que forman parte da marca Fest Galicia da Xunta e dos festivais Vibra Mahou, os asistentes poderán gozar dunha zona de música gratuíta que contará coa presenza de recoñecidos artistas e grupos.

O cartel musical inclúe á aclamada Pili Pampín, a enérxica Banda da Balbina, o grupo de música galega Suevia e un DJ que porá o broche de ouro á velada cunha sesión chea de ritmo. Ademais da música, o festival ofrece unha variedade de competicións deportivas totalmente gratuítas para os máis activos. Skate, Basket 3x3, BMX ou Breakdance serán entre outras as

competicións raíña desta edición que van da man de Deporte Galego e da marca de roupa Rompiente Clothing.

Ademais de toda a programación para toda a familia que ofrece de forma gratuíta o Rompetiño Jump, o festival tamén conta cunha zona infantil, zona de terrazas, obradoiros e exhibicións, barbería gratuíta, zona de restauración e un espazo de tendas onde se poderá conseguir a nova e exitosa camiseta Rompe F.C. que é a peza oficial da edición 2024.

Para máis información sobre o festival, incluíndo a venda de entradas e detalles sobre o programa, os interesados poden visitar Woutick.es ou Rompetino.org e seguir as redes

sociais do evento (@rompejumpfestival) para estar ao tanto de todas as novidades e actualizacións.

A organización fará pública o luns 24 de xuño ás 17.30 horas a programación completa do festival, que conta co apoio de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que xera encontros en torno ao directo.

Rompiente Clothing, na súa aposta polo talento xoven, apoia o Rompetiño Jump como plataforma de lanzamento artístico sobre un marco e un escenario inigualables.