OCIO

Vimianzo deseña un verán musical, teatral e de moito circo

As actividades son de balde e están orientadas a todos os públicos

A alcaldesa, terceira esquerda, concelleiras e técnicas presentando o programa

A alcaldesa, terceira esquerda, concelleiras e técnicas presentando o programa / C. Vimianzo

O programa cultural Vimiansol 2024 animará o verán en Vimianzo con propostas musicais, teatrais e de circo para todos os públicos entre o 13 de xullo e o 7 de setembro, todas elas ás 21.00 horas e de acceso libre e de balde. No cartel inclúense compañías galegas, estatais e internacionais.

Cartel de actividades de Vimiansol 2024

Cartel de actividades de Vimiansol 2024 / Concello de Vimianzo

A programación dará comezo o 13 de xullo na Praza do Concello coa Gala de Circo de Artefeito, que contará cos números dos artistas de Circo Chosco e Cirkompacto. O 19, o castelo será escenario do concerto do grupo Eburnie, de Costa de Marfil, e Culturactiva presentará Máis saboor! o día 27.

O grupo coruñés Misuria daralle a benvida a agosto, o día 2. Ao día seguinte, a Praza do Concello acollerá os feitizos, os malabarismos e o humor de Simplemente Enricco. O 17 desembarcarán na Praza do Concello os Soños Encantados dos acróbatas colombianos Tchyminigagua, e Cía Orain Bi presentará o espectáculo de circo Mute, o 24. O sábado 31 será a quenda de Máximo Óptimo, un bufón que leva o circo ao extremo.

En setembro, o día 6 terá lugar o concerto de Alana no castelo, e o día 7 Teatro ao Cubo presentará a función De Vilatriste a Vilalegre.

O programa de actividades Vimiansol está organizado polo Concello de Vimianzo, co apoio da Deputación da Coruña e o Centro Dramático Galego.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destacou a programación “como unha alternativa de ocio que é referente na comarca” e que dá continuidade “aos diferentes conxuntos de actividades que levamos organizando ao longo de todo o ano”.