SUCESO

Arde parte dunha vivenda illada e deshabitada en Malpica

As lapas calcinaron a madeira do tellado e afectaron ao primeiro andar

Os bombeiros sufocaron as lapas a través dunha fiestra

Os bombeiros sufocaron as lapas a través dunha fiestra / Consorcio

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Carballo foron alertados sobre as 21.10 horas da pasada noite dun incendio nunha vivenda en Leduzo, na parroquia de Cerqueda (Malpica de Bergantiños).

Tratábase dunha vivenda deshabitada e illada, da que saían fume e lapas polo tellado. Houbo un intento de acceso ao interior da vivenda, pero o persoal do GES de Ponteceso, desprazado tamén ata o lugar, observou risco de colapso.

Por iso, optaron por sufocar o lume a través dunha fiestra situada nun lateral da vivenda. As lapas calcinaron madeira caída do tellado e os restos do chan do primeiro andar. O lume quedou extinguido sobre as 00.38 horas deste sábado.