TRÁFICO

Dous menores feridos nun accidente en Camariñas

Foron atendidos polos profesionais de Urxencias Sanitarias do 061

Unha ambulancia de Urxencias Sanitarias desprazouse ao lugar do accidente

Unha ambulancia de Urxencias Sanitarias desprazouse ao lugar do accidente / ECG

Dous menores resultaron feridos esta tarde nun accidente de tráfico en Camariñas. Ocorreu no quilómetro 13 da AC-432, á altura de Xaviña, e un bebé e un neno tiveron que ser atendidos polos servizos sanitarios.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 17.30 horas, a través dun alertador particular, tralo que se solicitou a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Cee, da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil de Camariñas e dos servizos de mantemento da estrada.

Aínda que nun principio os alertadores indicaron que non había persoas feridas, finalmente dous nenos tiveron que ser atendidos polos profesionais sanitarios, que se desprazaron ao lugar a bordo dunha ambulancia. Pola súa banda, os bombeiros encargáronse da limpeza do asfalto para restaurar as condicións seguras de circulación.