ACCIDENTE

Dous vehículos colisionan e acaban batendo contra unha illa de contedores en Carballo

Non houbo feridos de consideración e os bombeiros tiveron que limpar a vía

Bombeiros limpando a estrada no lugar do accidente, en Carballo

Bombeiros limpando a estrada no lugar do accidente, en Carballo / Consorcio

Unha colisión na estrada AC-418, á altura do cruce da rúa Olveiras, en Carballo, requeriu da intervención dos bombeiros do parque comarcal provincial esta madrugada para a limpeza da vía co fin de restablecer a circulación, dado que os vehículos ocupaban o carril de entrada á capital de Bergantiños.

Na calzada había manchas de aceite, cristais, plásticos e restos de madeira e lixo, xa que os vehículos bateron contra unha illa de colectores. A voz de alerta rexistrouse á 01.39 horas e non houbo que lamentar feridos de consideración. O operativo deuse por rematado ás 2.43 horas deste sábado.