CINE

O Festival de Cine Olloboi premia en Boiro a creatividade escolar

Este ano presentáronse sesenta producións de toda Galicia

Premiados no Festival de Cine Olloboi en Boiro

Premiados no Festival de Cine Olloboi en Boiro / Olloboi

O colectivo creativo Olloboi fixo entrega en Boiro dos premios do Festival de Cine Escolar 2024, no que participaron este ano 60 producións de toda Galicia. Na categoría Peque os premios foron para o CEIP Otero Novas, de Ourense, e o CEIP Plurilingüe Mestre Ramiro Sabell Mosquera, de Ponteareas, mentres que o gañañdor da categoría de ESO foi o IES Espiñeira, de Boiro.

O segundo galardón recaeu no IES Ramón Cabanillas, de Cambados. O IES Alexandre Bóveda, de Vigo, e IES Chan do Monte, de Marín, foron os premiados na categoría de Ciclos e Bacharelato, e a Universidade da Coruña levouse o premio Máis18. O acto foi presentado polo actor Miguel de Lira.

Olloboi leva desde o 2009 promovendo a creación de cine nas aulas, e este ano organizou tamén o I Encontro de Pintura en Cadernos Acordeón, que se celebrou este sábado en Cabo de Cruz (Boiro). Unha cita que foi todo un éxito, xa que xuntou a “xente de toda Galicia”, segundo afirmou Ana Moreiras, coordinadora do evento. Repartiron 2.000 € en premios.