HOMENAXE
Camariñas inaugura a avenida Alcalde Juan Bautista Santos
Alcaldes, concelleiros, familiares e veciños sumáronse á homenaxe

Acto inaugural da Avenida Alcalde Juan Bautista Santos Ramos / C. Camariñas
O exalcalde de Camariñas Juan Bautista Santos Ramos conta xa cunha avenida co seu nome. A alcaldesa, Sandra Insua, foi a encargada de descubrir a placa, tras aprobarse por unanimidade nun pleno extraordinario a proposta do goberno local para rebautizar a anterior avenida Eugenio López.
A rexedora destacou “a súa calidade humana, a súa capacidade para escoitar e a súa dedicación aos veciños e veciñas de Camariñas, que o fixeron merecedor do respecto e o cariño de todos. Juan Bautista dedicou toda a súa vida a conseguir o benestar e o progreso da nosa vila, deixando unha pegada indeleble no corazón de todos nós”.

Asistentes ao descubrimento da placa da Avenida Alcalde Juan Baustista Santos Ramos / C. C.
Insua fixo un repaso polos moitos logros que conseguiu Juan Bautista durante o seu mandato e salientou que “grazas ao seu esforzo e dedicación, Camariñas conta con moitas das infraestruturas das que dispón hoxe en día”. Conseguiu, entre outras moitas cousas, a escola infantil, o centro de saúde para a Ponte do Porto, a traída para Camelle e Arou, "a reforma da praza de San Xurxo, a ampliación do dique do porto de Camariñas e dos accesos ao porto e o dique de Camelle, a traída a Santa Mariña, o instituto, o paseo da Ponte do Porto, o de Camelle, o campo de fútbol, a Casa de Pedra, o Museo do Encaixe...”, engadiu.

Descubrimento da placa da avenida adichada ao exalcalde Juan Bautista Santos / C. Camariñas
Fixo fincapé en que “foi o verdadeiro impulsor da Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrou por primeira vez no 1991. El quería poñer en valor ás nosas palilleiras e ao encaixe e conseguiuno, agora a Mostra é unha pasarela de moda internacional e o encaixe é un produto exclusivo que usan os máis distinguidos deseñadores para darlle valor ás súas coleccións”.
“E, por suposto, tamén foi el, quen se non, quen impulsou a primeira Escola Taller da Costa da Morte. Unha escola que se inaugurou en 1992 e onde moitos camariñáns e camariñanas se formaron e despois desenvolveron a súa vida profesional en sectores como o da carpintería, o encaixe ou a acuicultura”, engadiu.

A alcaldesa, Sandra Insua, dando lectura ao acordo plenario / C. Camariñas
Este xesto simboliza, segundo a alcaldesa, o "agradecemento e admiración por todo o que fixo por nós. Juan Bautista non só foi un gran alcalde, senón tamén un home exemplar, un amigo, cuxa entrega e devoción seguirán inspirándonos durante moitos anos”, rematou.
Ao acto sumáronse as alcaldesas de Cee, Margarita Lamela, e Vimianzo, Mónica Rodríguez, concelleiros de Muxía, o expresidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, os exalcaldes de Cee, Manuel Lamela, e de Muxía, Félix Porto, ademais dos concelleiros da Corporación de Camariñas, familiares do homenaxeado, veciños e veciñas.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Tres alcaldes del área de Santiago, entre los diez mejor pagados de Galicia
- El presidente del Ateneo de Santiago: «La sala Yago puede ser ese recinto de actos con más aforo que necesitamos»
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Rosalía cuenta en la televisión brasileña cómo se cortó el pelo en A Coruña: 'Cometí un error
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La fábrica de IA de Santiago es la tercera mejor valorada de las 19 concedidas en Europa