PATRONAIS
El Combo Dominicano e Panorama encabezan o cartel das festas da Madalena do Milladoiro
Nas próximas semanas desvelarase toda a programación

Xuntanza no concello coa nova comisión de festas da Madalena / C. Ames
A nova comisión de festas da Madalena vén de confirmar que as orquestras El Combo Dominicano e Panorama encabezan o cartel das patronais do Milladoiro. As celebracións arrancarán co Millarock o próximo 2 de agosto. Os organizadores reuníronse no concello co alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Promoción Económica, Ana Paz; e representantes da Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA).
Por terceiro ano consecutivo, O Milladoiro e Bertamiráns celebrarán de forma conxunta as súas festas máis importantes, A Madalena e A Peregrina. De novo, Concello, Xuntanza de Empresarios de Ames, Asociación Cultural e de Festexos Virxe da Peregrina e a, recentemente creada, Comisión de Festas da Madalena (O Milladoiro), colaboran nos festexos amesáns.
O alcalde resalta que as festas de Ames son “cultura e tradición, pero tamén repercuten de forma moi positiva no noso comercio local. O Concello non pode non estar”. Anunciou tamén que nas próximas semanas desvelarase toda a programación.
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- Un restaurante compostelano se cuela entre los favoritos de los españoles para comer en 2025
- Chisco Lema, veterinario experto en lobo: 'Hay manadas especializadas en cazar perros
- Apagón en Santiago: una avería deja sin luz a 2.700 vecinos de Santiago
- Evitas el estrés del aparcamiento': el proyecto de dos vecinos de Milladoiro para compartir coche en los trayectos a Santiago
- Susto en la urbanización teense de Augas Mansas por un vecino atrincherado en casa
- La patronal acepta la mediación pero de momento la huelga de buses se mantiene en Santiago
- Borrasca 'Ingrid': ¿Nevará en Santiago de Compostela este viernes?

