GALARDÓN

Escoba de Oro para o Concello de Carballo pola súa aposta pola inclusión no servizo de limpeza viaria

Foi o único distinguido en España entre os municipios de entre 20.001 e 50.000 habitantes

Silván, esquerda, Fernández, Castro e Vales recollendo o premio

Silván, esquerda, Fernández, Castro e Vales recollendo o premio / C. Carballo

O concelleiro de Medio Ambiente e Servizos de Carballo, Miguel Vales, recolleu en Madrid a Escoba de Oro concedida ao Concello pola Asociación Técnica para la Gestión de Residuos, Aseo Urbano y Medio Ambiente (Atregus).

Miguel Vales, no centro, co galardón Escoba de Oro recibido en Madrid

Miguel Vales, no centro, co galardón Escoba de Oro recibido en Madrid / C. Carballo

Dous anos despois de acadar a Escoba de Plata, Carballo converteuse neste 2024 no único concello de España de 20.001 a 50.000 habitantes que conseguiu a Escoba de Oro grazas ao novo contrato do servizo de limpeza viaria con Aspaber.

O xurado valorou moi especialmente o feito de que se preste o servizo a través de persoas con discapacidade psíquica, o que contribúe non só a ter unhas rúas máis limpas senón tamén unha poboación máis concienciada. No acto de entrega do premio tamén estiveron presentes, José Antonio Silván, Dolores Fernández e José Manuel Castro, de Aspaber.

Vales manifestou que é un paso máis “de cara a acadar a máxima excelencia na prestación de servizos que axudan a mellorar a calidade de vida dos carballeses e as carballesas, e a reforzar o compromiso social”.