INCENDIO

Arde un antigo estaleiro en A Barquiña, no concello de Outes

As lapas afectaron tamén a dúas embarcacións, maquinaria e ferramentas

Estrutura do inmoble en lapas

Estrutura do inmoble en lapas / Consorcio

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro foron alertados ás 02.37 horas de hoxe dun incendio nun antigo estaleiro en A Barquiña, San Cosme (Outes).

As lapas danaron tamén maquinaria e ferramentas

As lapas danaron tamén maquinaria e ferramentas / Consorcio

Era unha edificación dun antigo estaleiro de ribeira, con estrutura semipechada e de 2 alturas de teito, con caída a unha soa auga superposta.

O lume afectou tamén a dúas embarcacións de madeira, maquinaria, ferramentas e parte das vigas e viguetas do teito. Os bombeiros empregaron 6 mangueiras para extinguir as lapas. Evitaron entrar no inmoble ante o risco de caída, dada a debilidade da súa estrutura.

O lume afectou a todo o inmoble e á maquinaria

O lume afectou a todo o inmoble e á maquinaria / Consorcio

As lapas foron controladas con prontitude e, trala extinción, os bombeiros selaron todos os puntos quentes que marcaba a cámara térmica.

Contaron coa axuda do persoal do GES de Noia para a recollida da liña de extinción. Ata o lugar tamén se desprazou a Garda Civil de Outes.