SAN XOÁN

Cheo ata a bandeira en Carballo para desfrutar de Los Secretos

A xornada do mércores acollerá as actividades da Festa do Apego

O público encheu a Praza do Concello de Carballo

O público encheu a Praza do Concello de Carballo / Ramón Busto

A Praza do Concello de Carballo quedouse pequena no concerto central de San Xoán protagonizado por Los Secretos, que encandilaron a veciños e visitantes coas súas cancións, ben coñecidas pola maioría dos asistentes.

Concerto de Los Secretos no San Xoán de Carballo

Concerto de Los Secretos no San Xoán de Carballo / Ramón Busto

Despois de honrar ao patrón local, o martes foi o día do Santísimo Sacramento, no que o grupo de gaitas de Nemeth Carballo e a Banda de Música Municipal de Brión fixeron o pasarrúas, e a Coral Polifónica de Bergantiños cantou a misa solemne. Pola tarde, celebrouse a Foliada do Anllóns coa Escola do Alprende, Arume de Verdillo, Nemeth Carballo e A.C. San Campio de Cances. A Charanga Santa Compaña, a orquestra Trébol e La Última Legión completaron a xornada musical.

Un momento do concerto de Los Secretos no San Xoán

Un momento do concerto de Los Secretos no San Xoán / Ramón Busto

As celebracións continúan hoxe con pasarrúas a cargo da Banda Municipal de Gaitas e coa Festa do Apego, que inclúe actividades lúdicas e de concienciación sobre a reciclaxe, baile, xogos do Paparrubio e o concerto infantil de A Gramola Gominola. Ademáis, haberá misa solemne na honra da Virxe do Carme (12.30 h).

TEMAS