SAÚDE
O Sergas elabora un plan de continxencia para a atención pediátrica na Costa da Morte
Camariñas acolleu unha concentración para demandar un protoco a longo prazo

Concentración diante do centro de saúde de Camariñas / BNG
A Área Sanitaria da Coruña e Cee deseñou un plan de contixencia consensuado cos profesionais de pediatría e os xefes de servizo de atención primaria para “proporcionar unha atención axeitada á poboación infantil” na Costa da Morte, “evitando incertidume á cidadanía, e que esta saiba a que centro acudir en todo momento”.
Aseguran que “todas as vacantes están ofertadas e serán cubertas cando se dispoña de candidatos”. Ante a ausencia dun facultativo de pediatría, xa sexa por motivos persoais ou vacacionais, “e ante a falla destes no mercado laboral para cubrir baixas puntuais, a actividade organizouse de tal xeito que os puntos asistenciais estean operativos garantindo a atención e mantendo a oferta asistencial”.
Un anuncio que coincide cunha concentración en Camariñas, convocada polo BNG, para demandar estabilidade e un protocolo a longo prazo para o servizo médico e de pediatría no municipio. “Non cremos as falsas promesas do PP e do Sergas”, afirma o voceiro nacionalista Xurxo Rodríguez.
"Precisamos unha atención continuada no tempo e cos mesmos profesionais, aos que apoiamos", engadiu, ao tempo que salientou que “chegado o verán non se cobren baixas quedando un so médico para cubrir mañá e tarde, diminuíndo a calidade do servizo ao sobresaturar ao persoal médico".
Non cremos as falsas promesas do PP e do Sergas
No acto participou tamén o deputado do BNG da Costa da Morte, Óscar Insua, que denunciou que a participación da xente na concentración "amosa que existe un problema real co servizo médico e pediátrico que xa vén desde hai anos".
- Horario y dónde ver gratis el partido que puede decidir el regreso del Obradoiro a la ACB
- Vecinos de Bertamiráns denuncian la okupación masiva y los problemas de seguridad en un edificio de la Travesía do Pedregal: 'Nadie nos ayuda
- Una furgoneta pierde el control en el polígono del Tambre, se salta varios carriles y acaba empotrada contra la nave de Aluminos Cabeal
- El Obradoiro asciende y convierte Sar en una fiesta de ACB
- Sar, a un triunfo de volver a la ACB
- La otra grada del Obradoiro: “Un ascenso é algo histórico, non podía perdermo”
- Mario E. Casas, estudiante del Lamas de Abade, inaugura en Santiago una exposición sobre su primer cómic
- Ni es un faro ni deja de moverse: el 'gigante' de hormigón a 1 hora de Santiago que se balancea con el viento de la Costa da Morte


