Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

As peñas de Boiro gozarán de dous días de troula con 7 DJ’s, Festa da Auga, xogos e xantar

Pola esquerda, Noelia Castaño, María Outeiral e David Laíño, na presentación

Pola esquerda, Noelia Castaño, María Outeiral e David Laíño, na presentación / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Boiro

A asociación cultural Peñas Boiro organizou para o vindeiro venres cinco o cuarto Remember Fest no parque da Cachada, que comezará ás 23.00 horas coas actuacións dos DJ's Marcos Magán, Xacobo de Mínimo Eventos e Tito Maverick. Previamente, a charanga Mekanica Rolling Band fará un pasarrúas peñeiro. 

As actividades programadas polo colectivo no marco das festas do verán continuarán o luns 8 co XVI Luns das Peñas, tamén na Cachada. Ás 11.30 horas será a xuntanza de peñas; ás 12.00 darán comezo os xogos peñeiros e a festa infantil, con inchables e Festa da Espuma para os máis pequenos. 

Ás 13.45 horas terá lugar a Festa da Auga, que comezará co mangueirazo de honra que este ano correrá a cargo da bioquímica Vera García Outeiral. Bruno Deejay será o encargado da sesión musical antes da comida peñeira, para a que se necesita inscrición previa. 

Pola tarde haberá sesión musical ás 17.00 horas con Manu X, Rubén de Mínimo Eventos, Marcos Magán e DJ Sonic.

A programación foi presentada pola concelleira de Cultura, María Outeiral, xunto con David Laíño e Noelia Castaño, membros da asociación. 

TEMAS

Tracking Pixel Contents