Reforzan a seguridade na recta da Anchoa, en Fisterra, con tres pasos de peóns e iluminación específica
A actuación ten un investimento de máis de 48.000 euros

Belén do Campo, dereita, supervisando os traballos / Cedida
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, supervisou este xoves as obras de mellora da seguridade para os peóns na estrada autonómica AC-455, no tramo coñecido como a recta da Anchoa, en Fisterra. A actuación ten un investimento de máis de 48.000 € e consiste na implantación de tres pasos de peóns nos puntos quilométricos 11+380, 11+870 e 12+490.
A intervención ten en conta a distinta configuración dos puntos onde se implantarán os pasos de peóns. No do quilómetro 11+380 replicaranse as beirarrúas elevadas con bordos pavimentadas con baldosa hidráulica, implantado vaos para o acceso de peóns e mantendo unha beiravía mínima de 50 centímetros.
No quilómetro 11+870, ao estar a beirarrúa ao mesmo nivel que a calzada, executarase mediante pavimento de formigón, como existe nas marxes da calzada, e pavimento sinalizador.
E no quilómetro 12+490 farase un pavimento de baldosa hidráulica nunha marxe, e na outra, ao estar a beirarrúa ao mesmo nivel que a calzada, será de formigón en beirarrúas. Os tres pasos de peóns terán iluminación específica.
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- La ruta favorita de Jesús Calleja para desconectar en Galicia: aldeas prerromanas y naturaleza a más de 1.000 metros de altura
- Pierde la vida un motorista en Carnota al salirse de vía a la altura de As Paxareiras
- La preocupación de una orquesta gallega por el futuro de las verbenas: «¿De qué sirve el relevo generacional si no hay público?»
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Beatriz Romero, intérprete de signos de Rozalén, en Santiago: 'Cada vez más personas sordas se interesan por la música»
