Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Esteiro celebrará do 19 ao 21 desde mes a edición número 35 do Gran Prix de Carrilanas

Terá tres modalidades: a de menores de 18 anos, a dedicada aos disfraces e a que premia a velocidade

Exposición de carrilanas artesanais na edición de 2023

Exposición de carrilanas artesanais na edición de 2023 / Cedida

Muros

O Gran Prix das Carrilanas de Esteiro (Muros) xa ten cartel para a súa XXXV edición, que se celebrará os días 19, 20 e 21 de xullo. Esta festa, declarada de Interese Turístico Nacional, reuniu o ano pasado a máis de 35.000 asistentes. 

Os vehículos artesanais feitos de madeira descenderán sen axuda de motor polo circuíto do Maio.

A competición do Gran Prix está aberta a todas a idades e conta con tres categorías: Infantil (na que poden pilotar as nenas e nenos menores de 18 anos ou acompañados de maiores), Carrilanas lentas (na que priman a diversión e os disfraces) e Carrilanas rápidas, a máis espectacular de todas e, posiblemente, a proba de velocidade máis intensa de Galicia. A inscrición no Gran Prix, que é gratuíta, terá lugar o sábado 20 de 12.00 a 15.00 horas, na alameda de Esteiro. Esa mesma xornada levaranse a cabo as verificacións técnicas e administrativas e a proba da Pole Position.

O Gran Prix complétase cunha programación cultural, aberta a todos os públicos, que ten lugar durante os tres días de celebración do grande espectáculo galego das carrilanas. Ademais de actividades diurnas, como concertos para público infantil e familiar, obradoiros ou contacontos, ao programa inclúe un mercado tradicional de artesanía e un festival de música gratuíto, no que actuarán, entre outras formacións, Tanxugueiras, Sidecars, The Rapants, Mondra, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Capital Voskov, Monoulious DOP, Lontreira e Galician Army

Tracking Pixel Contents