A Factoría de Ames abre as portas a novas agrupacións despois dun ano de renovación
O Concello mellorou as instalacións e adquiriu máis equipamentos // O investimento foi de 17.797,04 euros
Actualmente, catorce grupos musicais fan uso do local municipal

Fachada do restaurado local de ensaio A Factoría, ubicado na parroquia amiense de Biduído / concello de ames
El Correo Gallego
A Factoría, o local municipal de Ames onde os grupos musicais do concello poden ensaiar, reabre as súas portas tras ser renovado. Está situado na parroquia de Biduído e ata o 15 de xullo estará aberto o prazo para que os músicos locais, que xa empregan estas instalacións, poidan renovar a solicitude de uso.
O horario de ensaio do local para todos os días da semana é de 10.00 a 22.00 horas, sempre e cando non interfira en actividades organizadas polo propio Concello. Os grupos dispoñen de ata tres horas consecutivas á semana para ensaiar. Na actualidade, catorce agrupacións musicais fan uso destas instalacións.
Durante o último trimestre de 2023 realizáronse melloras nas instalacións e adquiriuse novo equipamento. En ditas melloras investíronse 17.797,04 euros. De dito importe, 15.000 euros foron sufragados con cargo ao Plan Ames Progresa e o importe restante con fondos propios da concellería de Mocidade.
Deste xeito, executáronse melloras en equipamento e tamén en canto ao illamento do local. No interior do edificio acometéronse traballos de pintado e adquiriuse novo mobiliario. Habilitouse unha pequena zona de descanso/ocio para a mocidade que emprega o local e renovouse a decoración das paredes interiores.
No exterior do edificio cambiáronse varias xanelas para mellorar o illamento do local e procedeuse ao cercado das mesmas, así como á colocación de pranchas de aluminio. Tamén se realizou unha limpeza da fachada e restaurouse o mural exterior, xa que debido ás inclemencias meteorolóxicas estaba deteriorado.
En canto ao material, adquiriuse un deshumidificador e novo equipamento musical. Cómpre destacar a adquisición dunha mesa de mesturas para DJ e dun sistema de gravación (unha tarxeta de son ou interface de audio). Ata o de agora os grupos musicais que empregan A Factoría tiñan a posibilidade de ensaiar, pero agora tamén poderán facer gravacións sinxelas.
A concelleira de Mocidade, Carmen Porto, explica que “A Factoría é un lugar de ensaio para os grupos musicais de Ames, pero ademais serve como punto de xuntanza para as nosas mozas e mozos. Por iso executamos varias melloras co obxectivo de que sexa un local máis acolledor”. Ademais, engade, “na sala anexa ao local de ensaio creouse un espazo de encontro para a mocidade e para o intercambio de experiencias coa finalidade de promover un ocio xuvenil creativo, organizar eventos coa mocidade e difundir entre a cidadanía os aspectos positivos da cultura musical da xente nova”.
Aprobación do regulamento
Por outra banda, no pleno ordinario de maio quedou aprobado de xeito inicial o novo regulamento municipal de uso da Factoría, que dende 2020 viña funcionando de maneira interna, pero sen un instrumento regulamentario. Dito regulamento está en exposición pública durante 30 días hábiles, a efectos de exame e reclamacións mediante a súa publicación no BOP número 111, do 10 de xuño de 2024, así como no taboleiro de edictos do Concello e no Portal de Transparencia. De non presentarse reclamacións, a aprobación inicial quedará elevada a definitiva de forma automática.
Ademais de empregarse para ensaiar, A Factoría serve para acoller diversas actividades, como o obradoiro de son que se impartiu os días 27 e 28 de decembro de 2023. Deste xeito, o departamento de Xuventude organizou por primeira vez unha máster class musical relacionada coa produción e a gravación.
Ademais, este obradoiro permitiu amosar as novas posibilidades que ofrece o material técnico para facer gravacións sinxelas por parte dos grupos de música que xa ensaian no local ou que nun futuro se poidan interesar nel. Nesta primeira edición do obradoiro, dirixido a rapaces e rapazas a partir de catorce anos, participaron dez persoas.
Suscríbete para seguir leyendo
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- Aire polar, temperaturas bajo cero y fuertes heladas: Galicia se prepara para un fin de semana gélido
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- Galicia se congela con el aire polar: un nuevo frente de frío, nieve y granizo llega para comenzar la semana
- El Ensanche celebra el plan para Santiago de Chile pero pide más aparcamiento: «Lo ideal es el modelo de Pontevedra»
- Los sindicatos del transporte solicitan reunirse con la patronal: «Agardamos unha proposta seria»
- Polémica en Santa Marta por una obra autorizada junto a un hórreo centenario
- Oleada de robos: vecinos de Ames recurren a grupos de Whatsapp para avisar sobre «movimientos sospechosos»

