O BNG denuncia a "falta de atención pediátrica" en Outes
Sanidade explica que "foi imprescindible centralizar temporalmente a asistencia de Lousame, Outes e O Son cos dous pediatras de Noia"

Rosana Pérez, diante no centro, e Anxo Núñez, á súa esquerda, con usuarios de Pediatría de Outes / Cedida
O BNG denuncia que "a situación da atención sanitaria na comarca de Muros-Noia vén sufrindo importantes carencias dende hai anos, e os usuarios e usuarias da sanidade pública asisten sistematicamente á redución do persoal sanitario en xeral e á sobrecarga extrema das consultas nos centros de saúde".
Neste sentido, explica que, bo caso de Outes, "as principais afectadas son as familias con menores, xa que a atención pediátrica reduciuse a tres horas diarias despois da xubilación do titular fai uns meses, e desde este mes de xullo eliminouse definitivamente, para concentrar a atención de toda a comarca no concello de Noia".
A deputada nacionalista Rosana Pérez considera que "faltan medidas por parte da Consellería de Sanidade para atallar a precaridade da atención sanitaria, provocando que, cada vez, se incrementen máis as consultas na sanidade privada, o que supón un gasto que non todas as familias poden asumir, creando desigualdades sociais na prestación dun servizo que debía ser universal, público e gratuito”.
O portavoz do BNG e tenente de alcalde de Outes, Anxo Núñez, explica que "no centro de saúde de Outes, dos cinco médicos de cabeceira que había, un xubilouse fai unhas semanas, outro farao nun mes e otros dous a finais de ano, e o servizo de Pediatría xa só prestaba atención ás once e media da mañá desde hai seis meses, sendo compartido con Noia”.
Núñez dixo ademais que a poboación no verán aumenta moito con veciñanza que retorna e visitantes, e que "non sabemos se se van cubrir esas xubilacións; agora mesmo non está cuberta a que xa se produxo e tampouco as vacacións. A situación é grave e preocupante".
Rosana Pérez rexistrou unha pregunta parlamentaria urxente porque “a situación de toda a atención pediátrica na ría de Muros-Noia é precaria”. “A Consellería de Sanidade, que debería cubrir as baixas e vacacións do persoal de Pediatría, decide obrigar ás familias de toda a contorna a acudir ao único servizo que se vai prestar, o de Noia, que, polo tanto, terá que atender o cupo de catro concellos, retrasando as citas e provocando a saturación do servizo e máis carga de traballo aos profesionais".
Rosana Pérez engadiu que "desde algún dos lugares do concello de Outes, Lousame ou Porto do Son hai máis de media hora para chegar a Pediatría a Noia; xa case se chega antes ao hospital de Santiago. Así o que se vai conseguir é saturar as urxencias do hospital".
Pola súa banda, a Consellería de Sanidade explicou, en declaracións a este xornal, que "debido á baixa dunha das pediatras e ausencia de profesionais dispoñible nas listas de contratación, co obxectivo de garantir a máxima garantía, foi imprescindible centralizar temporalmente a asistencia de Lousame, Outes e Porto do Son cos dous pediatras de Noia" e que "deste xeito, a asistencia está garantida". A Consellería engade que "en Outes, actualmente traballan tres médicos das cinco prazas existentes e eses profesionais organizan prolongacións de xornadas para cubrir as ausencias e manter a asistencia. Ademais, en agosto reforzase o centro con dous MIR".
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- La compostelana Urovesa suministrará 12 vehículos Vamtac aerolanzables al Ejército para reforzar su capacidad operativa
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- Un escritor gallego hace historia al ganar uno de los galardones de relatos más prestigiosos del mundo
- Una vecina de Figueiras relata el temor ante los robos: 'Tengo dos hijos que ya empezaban a quedarse solos en casa, pero ahora tienen miedo
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias


