Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SERVIZOS

Ames suma á mocidade con diversidade ás actividades de conciliación para este verán

Mocidade de Ames desfrutando dunha actividade dos campamentos de verán

Mocidade de Ames desfrutando dunha actividade dos campamentos de verán / C. Ames

Redacción

Ames

O Concello de Ames, a través das concellarías de Educación, Medio Ambiente, Mocidade e Benestar Social, está desenvolvendo durante este verán diversos programas de conciliación que lles permiten ás familias compatibilizar a vida laboral e familiar. O obxectivo é proporcionar unha oferta lúdica e formativa de desenvolvemento persoal que busca proporcionar aos nenos e mozos as ferramentas precisas para lograr a súa autonomía e independencia, así como fomentar a convivencia, a cooperación e o respecto e desfrutar do contacto co medio rural, o deporte e a cultura.

Destacan o Xuño Lúdico, a Escola de Verán e mailo Setembro Lúdico, nos que hai inscritos 1.278 usuarios, sen contabilizar os de setembro, xa que aínda está aberto o prazo de inscrición. Nos campamentos de verán hai apuntados 490 nenos e mozos (380 nos de infantil e primaria e 110 nos de educación secundaria e bacharelato). Ademais, este ano, como novidade, púxose en marcha o programa de conciliación dirixido á mocidade con diversidade, no que hai 12 persoas inscritas.

Desde o Concello destacan que estes programas son unha oferta educativa e de ocio concibida para conciliar a vida laboral e familiar dos veciños e veciñas durante o período non lectivo de verán. O servizo ofrece unha ampla oferta de actividades dirixidas a fomentar a convivencia, a tolerancia e a integración.

Este ano no Xuño Lúdico participaron196 nenas e nenos. Pola súa banda, a Escola de Verán comezou o pasado luns, 1 de xullo, e desenvolverase ata o venres 30 de agosto no CEIP da Maía, en Bertamiráns, e na EEI Milladoiro e no CEP de Ventín.

Unha aventura única

A proposta deste ano é convidar aos nenos e nenas a que deixen voar a súa creatividade e imaxinación para mergullarse nunha aventura única, onde poderán explorar diferentes épocas históricas (e así coñecer diversas culturas, costumes e formas de vida) e imaxinar tamén como será o futuro. O número total de usuarios é de 1.082. 

Pola súa banda, no programa dirixido á mocidade con diversidade de entre 13 e 25 anos, os participantes desfrutan de xogos, excursións, actividades musicais e de baile, obradoiros, saídas, etc. Para este campamento completáronse as 12 prazas ofertadas. O programa desenvólvese de luns a venres, en Bertamiráns.

Tracking Pixel Contents