Entrevista | Manuel Ángel Leis Alcalde de Negreira
“O Camiño de Santiago xa é o segundo sector económico no Concello e vai ir a máis”

Manuel Ángel Leis, alcalde de Negreira, na redacción de EL CORREO GALLEGO / Javier Rosende Novo

O socialista Manuel Ángel Leis afronta o seu segundo mandato en minoría, tras perder a maioría absoluta que conseguira en 2019, pero a "boa" relación co BNG facilita acordos puntuais para sacar adiante os proxectos que precisa o municipio. E o prioritario, sostén o rexedor, é manter o SAF e os servizos de conciliación que poden axudar a ganar poboación, un obxectivo no que tamén suma puntos a súa proximidade con Santiago.
Semana tras semana vemos nesta sección alcaldes preocupados polo difícil que lles resulta cadrar as contas sen deixar de prestar os servizos que precisan os veciños. Vai ser vostede a excepción?
Pois no. É algo xenérico de todos os concellos. Unha das cuestións que máis nos preocupa ten que ver co Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que atende preto de 70 usuarios e que prestamos dende o Concello con 22 traballadoras, que é moitísimo. A cuestión é que a Xunta asigna horas, dependendo do grao de dependencia que teña a persoa Por exemplo, nun grao 3 asigna ata 94 horas ao mes. Iso implica que o persoal ten que ir á casa deste veciño ou veciña tres veces ao día. E organizar todo iso internamente é complicado.
Ao final, ese traballo que comeza na Xunta recae nos concellos...
Así é. A Xunta asigna, pero ao final delega nos concellos. E, claro, o personal ten as horas de traballo que ten. E xa non falemos da parte económica. Só os salarios e a Seguridade Social das 22 traballadoras doSAF andan polos 700.000 euros, de 6.070.000 euros que temos de orzamento. E sempre con informe en contra da Secretaría e a Intervención. Pero, para min, o SAF dun concello rural cunha poboació altamente envellecida é o servizo máis importante que presta o Concello, xunto cos de conciliación.
“No Goberno local estamos moi enriba do feísmo urbanístico e queremos ter o municipio o máis limpo e o máis ordenado posible”
E nin con eses servizos de conciliación é doado para os concellos ganar poboación...
Nós levamos uns anos moi preto dos 7.000 habitantes e, se queremos captar poboación nunha área pegada a Ames, que medra a unha velocidade tan intensa, temos que ter servizos. A vantaxe que temos é que, dos case 7.000 habitantes, 2.600 concéntranse nun casco urbano que ten todos os servizos: escola infantil, colexio, instituto, xulgados, oficina da Seguridade Social, da Deputación, Rexistro Civil, notaría...
Tal e como están as cousas, o que si lles axudaría a ganar poboación sería ter vivenda. É o caso?
Agora mesmo non hai e ten moito que ver coa vivenda turística.
Que xa non é un problema exclusivo das cidades e vilas turísticas, senón algo xeralizado...
É que por Negreira pasa o Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía. Arríscome a dicir que o Camiño de Santiago é, senon o primeiro sector económico do Concello, o segundo, por detrás do agrario.
E pode ir a máis?
Sen dúbida. En 2020 fun a Fitur recoller o galardón da Ponte Maceira como unha das vila máis bonitas de España e, a partir de aí, detectouse un incremento importante do turismo. E alí está, precisamente, a porta de entrada do Camiño que vai a Fisterra, á fin do mundo.
O caso é que todo isto, que é tan positivo, inflúe en que tampouco en Negreira haxa vivenda...
A xente é reticente ao alugueiro e opta máis pola vivenda turística e incluso polos pisos turísticos, que agora mesmo se están habilitando en baixos comerciales que nestes momentos estaban pechados. Nos últimos dous anos abriron unhas vinte vivendas turísticas.
E o Concello veo con bos ollos?
Si, porque é unha maneira de xerar riqueza para moita xente que tiña esas vivendas ou eses locais parados. Pero si é certo que unha cousa quita a outra. Desde que finalizou o boom da construcción, retomouse algo o ano pasado e estanse rematando varios edificios inacabados. O certo é que no Goberno local estamos moi enriba do feísmo urbanístico e queremos ter o Concello o máis limpo e o máis ordenado posible.
Pola súa proximidade a Santiago, e tendo en conta que tampouco Ames ten vivenda de alugueiro, Negreira podería ser unha boa alternativa. Que pode facer o Concello para promover que se poñan máis pisos no mercado?
Nós estamos moi enriba deses propietarios que teñen edificios sen acabar para que finalicen as obras que teñen pendentes e poñan esas vivendas no mercado.
Este mandato está sendo para vostede moi distinto do anterior. De gobernar en maioría pasou a facelo en minoría. Como o leva?
Cando gobernas en minoría tes que chegar a acordos puntuais para poder aprobar os proxectos en pleno. Neste caso tócanos falar co BNG, que non quixo entrar no Goberno, aínda que a relación é boa.
A vostede teríalle gustado?
Si, porque ao final non é o mesmo chegar a acordos puntuais que formar parte do Goberno e vivir o seu día a día. O BNG entrou na Corporación despois de moitos anos sen estar nela e creo que neste caso descoñecen como funciona a Administración. Nas reunións que temos tes que estar explicando cuestións técnicas, xurídicas ou que dependen de funcionarios que son habilitados nacionais e que son, en definitiva, os que manexan o Concello.
Xéralle intranquilidade gobernar en minoría?
Non, porque os proxectos importantes son cuestións básicas e necesarias. Agora mesmo estamos co tema do Plan Xeral, que sabemos que vai levar catro ou cinco anos, pero que é importante para abordar temas como o da vivenda e os pisos turísticos, que precisa un regulamento para prever posibles problemas nas comunidades de veciños, porque xa tivemos algún.
"Antes tivemos a pandemia da covid e agora temos a dos hackers, e houbo que poñer a todos os funcionarios a formarse sobre isto"
De cara aos tres anos que restan de mandato, que outras cuestións lle preocupan?
Un dos temas que máis me preocupa é o dos hackers informáticos. Antes tivemos a pandemia da covid e agora temos a dos hackers, e houbo que poñer a todos os funcionarios a formarse sobre isto. E outra cuestión que me resulta preocupante é que as administracións se fixen o obxectivo de acabar co papel en 2025. Nun concello rural cunha poboación envellecida, é moi complicado adaptarse ás tramitacións electrónicas. As administracións non podemos poñer tantas trabas, porque moita xente vai quedar atrás.
Suscríbete para seguir leyendo
- Aire polar, temperaturas bajo cero y fuertes heladas: Galicia se prepara para un fin de semana gélido
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- El Ensanche celebra el plan para Santiago de Chile pero pide más aparcamiento: «Lo ideal es el modelo de Pontevedra»
- Oleada de robos: vecinos de Ames recurren a grupos de Whatsapp para avisar sobre «movimientos sospechosos»
- Rebelión a bordo: la flota de bajura inicia el lunes un amarre indefinido ante las duras normas que impone la UE
- El conflicto en los autobuses se encalla en la provincia de A Coruña y avanza hacia la huelga indefinida
- Cortado el tráfico en una de las calles de la milla de oro de Santiago
- Los taxistas presionan a Raxoi para que sancione a los VTC tras acumular ya más de cien infracciones



