SAN CRISTOVO
Carnés, a parroquia vimiancesa de 500 habitantes que baila ao ritmo de París de Noia, Panorama e El Combo Dominicano
Los Satélites, o Grupo Extra e El Junco tamén figuran no cartel dos cinco días de festa

Membros da comisión de festas de Carnés, coa alcaldesa, segunda esquerda / Cedida
Dende hai moitos anos na axenda de verán da Costa da Morte figuran nun lugar destacado as festas de San Cristovo de Carnés, unha das 14 parroquias de Vimianzo que, con apenas cincocentos habitantes, contará este ano coas tres mellores orquestras de Galicia: El Combo Dominicano (martes 9), Panorama (mércores 10) e París de Noia (xoves 11). Un cartel de luxo para 5 días de música, fe e solidariedade.
E é que, á marxe das verbenas, as celebracións comezan este venres coa tradicional Faguía, unha cita gastronómica que conta con máis de catrocentos anos de antigüidade, e que foi declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. O que hoxe é unha concorrida degustación de callos naceu no século XVII como unha comida dos cofrades de San Cristovo.

Reparto de callos na Faguía de Carnés nunha edición pasada / Cedida
A finais do século XIX e principios do XX, coincidindo cunha época de fame e carestía, a festa comezou a concebirse como unha “comida para os pobres” que acudían a Carnés nas vésperas da festa. Convidábanos a unha ración de arroz, pan e viño. Co tempo, o arroz foi substituído por callos, un menú que segue servíndose hoxe en día aos centos de persoas que cada ano acuden a desfrutar da tradicional Faguía.
A cita é este martes a partir das 20.00 horas, despois dunha misa cantada e a procesión de San Cristovo ata a Cerca, onde a imaxe do santo preside o acto. A degustación dará paso a cinco días de diversión. Ademais das referidas orquestras, en Carnés actuarán tamén Los Satélites, Alabama, Unión y Fuerza, Nueva Fuerza, El Junco e o Grupo Extra, ademais da Mega CDC, DJ Ticinho, Borja Solla e Euphoria Disco.
Este ano o último día, o sábado 13, celebrarase a Festa do Emigrante, que recuperará unha antiga tradición de levar a imaxe de San Cristovo á capela de Santa Cristiña. Viaxará nunha procesión motorizada que rematará coa bendición de coches.
Da organización encárgase a comisión presidida por Manuel de la Fuente, apoiada por toda a veciñanza e por todos os emigrantes da parroquia que, ademais de facer aportacións, tamén fixeron colecta para as festas alá onde residen.
- Encuentran el cadáver de un hombre encadenado y sumergido en aguas del puerto de Ribeira
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- Galicia quiere convertirse en el gran plató de las películas y series que se rueden en España
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión


