INFRAESTRUTURAS
Comezan en Carballo as obras de derrube dun edificio para poñer fin aos asolagamentos
Provocarán restricións no tráfico rodado e o tránsito peonil na rúa Fomento

As actuacións céntranse na contorna da ponte Isabel II da rúa Fomento / C. Carballo
As obras que está a realizar Augas de Galicia na ponte da rúa Fomento, de Carballo, obrigan a establecer, dende este martes e ata o mes de agosto, novas restricións á circulación co obxectivo de garantir a seguridade. Os axustes débense principalmente aos traballos que se están a realizar para derrubar o edificio número 57 da referida rúa, co obxectivo de poñer fin aos asolagamentos na que é unha das áreas de maior risco de inundación de Galicia.
As actuacións divídense en tres fases. A primeira durará tres semanas, nas que se procederá ao baleirado do inmoble, ao desamiantado da cuberta e ao derrubamento do segundo andar mediante un robot. Iso obrigará a cortar o carril contiguo ao edificio, e tamén se prohibirá o paso peonil pola beirarrúa. Na segunda fase (do 29 xullo ao 4 de agosto) derrubarase cunha retroescavadora o resto do inmoble, polo que se fará un corte total da rúa. Na última fase (do 5 ao 11 de agosto) retiraranse os cascallos e a cimentación, cortando de novo un carril e a beirarrúa.
- Santiago empieza a sancionar con hasta 30.000 euros a los dueños de pisos turísticos ilegales
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- La carrera por el Rectorado de la USC se decidirá entre Crujeiras y Flores
- Tres locales de Santiago donde todavía puedes tomar café desde 1,20 euros
