OBRAS

Muxía reactiva as actuacións na contorna do santuario da Barca

Mellorará a iluminación e a sinalización co apoio da Deputación da Coruña

O alcalde, no centro, con dous concelleiros na contorna do santuario da Barca

O alcalde, no centro, con dous concelleiros na contorna do santuario da Barca / C. Muxía

O goberno local de Muxía reactivará as obras de mellora de iluminación e sinalización na contorna de A Barca, “tras o bloqueo e a negativa da oposición a ratificar en pleno as modificacións que solucionaban problemas técnicos do proxecto orixinal”, afirma o alcalde, Iago Toba.

O executivo, engade, en coordinación e asesorado polos servizos xurídicos da Deputación da Coruña, entidade que financia a obra, “poderá dar luz verde a esta actuación, unha vez se aprobe no pleno provincial, sen necesidade de levar de novo a sesión plenaria municipal a modificación do proxecto, e poderá reactivar as obras en canto se reciba toda a documentación pertinente”. Ademais, non será necesario demoler parte do mirador de A Ferida, “unha cuestión que era primordial para nós, xa que queriamos preservar e respectar as inquietudes e preocupacións da veciñanza”, subliña Toba. A previsión é que a actuación esté rematada na semana da Romaría da Barca. O rexedor agradece “o trato da Deputación e do seu presidente”.