Xa están en funcionamento as Oficinas Móbiles de Atención ao Peregrino de Ames
Prestarán servizo aos camiñantes durante os meses de verán ata o 1 de novembro // O obxectivo é incrementar a seguridade e proporcionar asistencia no itinerario xacobeo

Blas García, no centro, xunto con María Rivas, á súa esqda. na presentación das oficinas móbiles / Cedida
Ames xa conta coas súas Oficinas Móbiles de Atención ao Peregrino (OMAP’s) da Garda Civil, despregadas ao longo dos diferentes itinerarios do Camiño de Santiago ata o 1 de novembro.
A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, presidiu xunto co alcalde de Ames, Blas García, a presentación destas oficinas móbiles que, segundo apuntou, estarán activas durante os meses de maior afluencia de peregrinos –de finais de xuño ata o mes de novembro–.
O traballo das OMAP’s realizarase por distintas comandancias da Garda Civil ao longo do percorrido do Camiño e, este ano, sumaránselles efectivos da policía italiana, francesa, portuguesa e brasileira. Ademais, prestarán servizos nun vehículo tipo furgoneta co logotipo da OMAP en español e en inglés e contan con todos os medios necesarios para a recepción de denuncias.
O obxectivo principal destes equipos é o de incrementar a seguridade cidadá naqueles espazos e lugares que teñan unha maior concentración de peregrinos. Ademais, as forzas de seguridade tamén se encargarán de tramitar calquera tipo de denuncia, proporcionar asistencia de emerxencia ou exercer resposta policial ante situacións de risco ou conflito.
Ames, concretamente no núcleo do Milladoiro, forma parte de etapas do Camiño a Fisterra-Muxía e do portugués, de aí a importancia da incorporación deste servizo que, no ano 2023, levou a cabo na nosa Comunidade máis de 6.300 servizos, con 1.900 actuacións, 963 controis e identificacións e un total de 193 axulios e rescates.
Como apuntou Blas García, “fan unha boa labor á hora de orientar e axudar ás peregrinas e peregrinos”. O alcalde amosou a súa satisfacción e agradecemeto á subdelegada do Goberno por escoller o Concello de Ames para esta presentación, ademais de eloxiar o labor que levan a cabo os distintos corpos policiais.
Pola súa banda, a subdelegada quixo resaltar o traballo que desenvolve a Garda Civil ao longo de todo o percorrido das diferentes rutas do Camiño de Santiago na provincia da Coruña e tamén o seu papel fundamental dentro da nova edición da campaña #NoCaminasSola Camiño Libre de Violencias Machistas. Esta iniciativa, impulsada polas Unidades de Coordinación contra a Violencia sobre a Muller das Delegacións do Goberno en Aragón, Navarra, La Rioja, Castela e León, Galicia e Extremadura, busca reforzar a seguridade das mulleres que emprenden a ruta Xacobea en solitario que, cada vez, suman máis.
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bañense con cáncer a los 43 años logra más de 42.000 firmas para que adelanten el cribado
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- La Guardia Civil incauta más de 1.500 plantas de marihuana en dos naves de Oroso y O Pino: seis detenidos
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército
- Entra en vigor el encierro de aves de corral en 40 concellos por la gripe aviar
- Santiago calienta motores para el 'As Cancelas Music Fest' con Nena Daconte, Cepeda, Ortiga y Menta Poleo

