CELEBRACIÓNS

Centos de persoas degustaron en Carnés os exquisitos callos da tradicional festa da Faguía

A parroquia vimiancesa honra a San Cristovo durante cinco días coas mellores orquestras de Galicia

Veciños e concelleiros vimianceses sumáronse á degustación de callos

Veciños e concelleiros vimianceses sumáronse á degustación de callos / C. Vimianzo

As festas de San Cristovo de Carnés (Vimianzo) comezaron coa tradicional Faguía, na que se serviron varios centos de racións de callos. Unha cita gastronómica que naceu como un acto de solidariedade, xa que antigamente os veciños e veciñas da parroquia convidaban aos máis necesitados á que se coñecía como a “comida dos pobres”.

Hoxe en día é unha festa declarada de Interese Turístico de Galicia, na que os callos son os principais protagonistas. “A de Carnés é unha receita única que fai que sexan, para moitos e moitas, os mellores da contorna”, afirman dende a organización.

A degustación, na parcela coñecida como A Cerca, foi amenizada por unha charanga. Despois chegou a primeira gran verbena, amenizada por El Combo Dominicano e a orquestra Los Satélites

Centos de persoas desfrutaron da Faguía de Carnés

Centos de persoas desfrutaron da Faguía de Carnés / Concello de Vimianzo

Por diante, catro días máis de festa con actuacións estelares das orquestras París de Noia e Panorama, concerto de El Junco, o venres, día 12, e peche de festa co Grupo Extra, o sábado, día no que a parroquia renderá homenaxe aos emigrantes.

TEMAS