Ortoño xa ten todo preparado para a súa tradicional Festa do Chourizo ao Viño

A cita terá lugar este domingo 14 de xullo e a xornada rematará coa actuación do grupo Banda Bacana

Concerto da Banda Bacana no Náutico de San Vicente en 2022

Concerto da Banda Bacana no Náutico de San Vicente en 2022 / Concello de Ames

Iria Gosende

A parroquia amesá de Ortoño xa ten todo preparado para a súa tradicional Festa do Chourizo ao Viño que, desta volta, celebrará a súa XVIII edición este domingo 14 de xullo. Un ano máis, realizarase a degustación de orella cocida e de chourizos ao viño con cachelos, convertendo á localidade no centro gastronómico da comarca.

https://www.elcorreogallego.es/concellos/2024/07/09/milladoiro-bertamirans-unen-fiestas-marco-105369966.html

O evento, organizado pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño da parroquia de Ortoño, contará cunha xornada chea de actividades para todos os públicos. Arredor da 13 do mediodía comezarán a servirse as arredor de 1.000 racións de chourizo e 800 de orella previstas para a festa e, as entradas para participar na festa, venderanse no propio campo da Festa de Ortoño onde se celebra o evento.

Destacar que a degustación estará amenizada pola banda de gaitas e de baile rexional Os Castros mentres que, para pechar a xornada, cara as 19:30 horas, celebrarase o concerto do grupo Banda Bacana –financiado polo Concello de Ames a través do programa Cultura no Camiño 2024–. Ademais, ás 16:00 horas realizarase un campionato de chave por parellas e haberá inchables gratuítos para os máis pequenos da casa.